Park Geun-hye, nada o 2 de febreiro de 1952, é unha política surcoreana. Foi presidenta de Corea do Sur dende 2013 até a súa destitución en 2017. É a segunda filla de Park Chung-hee, expresidente de Corea do Sur. O 19 de decembro de 2012 foi elixida presidenta do país. Foi a primeira muller presidenta de Corea do Sur, asumindo o cargo o 25 de febreiro de 2013. En 2013 e 2014, Park foi nomeada a undécima muller máis poderosa do mundo e a muller máis poderosa do leste asiático pola revista Forbes.
Park Geun-hye foi acusada de corrupción o 10 de marzo de 2017 e foi substituída polo primeiro ministro de Corea do Sur Hwang Kyo-ahn.
Impeachment e suspensión O 9 de decembro de 2016, Park Geun-hye foi acusada de corrupción pola Asemblea Nacional por cargos relacionados co tráfico de influencias por parte dun asistente superior. Os seus poderes e deberes presidenciais foron suspendidos desde a ratificación da proposta de destitución, e o primeiro ministro Hwang Kyo-ahn asumiu eses poderes e deberes como presidente en funcións. Foi destituída oficialmente do seu cargo o 10 de marzo de 2017.
O 6 de abril de 2018, un tribunal de tres xuíces do Tribunal de Distrito Central de Seúl condenou a Park a 24 anos de prisión e unha multa de 18.000.000.00 de wons (uns 16 millóns de euros). O panel dixo que era culpable de 16 dos 18 cargos presentados contra ela.
Após o seu arresto, Park permaneceu no Centro de Detención de Seúl até que o presidente Moon Jae-in lle concedeu un indulto en decembro de 2021.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Park Geunhye (2012; Arquivado, en coreano) Park Geunhye (2006; Arquivado, en coreano) Park Geunhye:facebook (en coreano)
Categoría:Presidentes de Corea do Sur Categoría:Nados en 1952 Categoría:Políticos de Corea do Sur Categoría:Nados en Daegu