Bora Chung (en ), nada en Seúl en 1976, é unha escritora e tradutora surcoreana. A súa escolma de relatos Jeoju tokki (en ) foi finalista do International Booker Prize de 2022.

Traxectoria Bora Chung naceu en Seúl en 1976, filla dunha parella de dentistas. Fixo un mestrado en Estudos Rusos e de Europa do Leste na Universidade Yale, para logo doutorarse en Literatura Eslava na Universidade de Indiana Bloomington. Ensinou Ciencia Ficción e Lingua e Literatura Rusas na Universidade Yonsei. É unha activista social.

Obra Chung escribiu tres novelas e tres coleccións de relatos curtos. Entre as súas influencias literarias, destacan Park Wan-suh, Bruno Schulz, Bruno Jasieński, Andrei Platonov e Lyudmila Petrushevskaya, así como os contos populares do Samguk yusa (1281). En 1998, gañou o premio literario Yonsei pola súa historia Meori 머리 ("A cabeza"). Tamén quedou finalista dos premios de Literatura Dixital (2008) e dos premios Gwacheon de Ciencia Ficción (2014).

En 2022, a tradución inglesa da súa escolma Jeoju tokki, realizada por Anton Hur, foi nomeada ao International Booker Prize. Os dez relatos toman elementos de diferentes xéneros, entre os que destacan o realismo máxico, o terror e mais a ciencia ficción. En setembro de 2023, o libro foi finalista do National Book Award for Translated Literature.

Chung traballou tamén como tradutora de prosa contemporánea rusa e polaca ao coreano.

Traducións En castelán Conejo maldito (2023). Tradución directa de Álvaro Trigo Maldonado. Alpha Decay. . La zorra (2025). Tradución directa de Cammy Cho e Yoonhee Kim. Alpha Decay. .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Meori 머리, texto completo en inglés (Samovar)

Categoría:Tradutores do ruso Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores en lingua coreana Categoría:Escritores de Corea do Sur Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Nados en Seúl