Kashyap "Kash" Patel, nado en Garden City (Nova York) o 25 de febreiro de 1980 é un avogado estadounidense e antigo fiscal federal do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos. Foi xefe de gabinete do secretario de Defensa dos Estados Unidos durante a primeira presidencia de Trump serviu como funcionario do Consello de Seguridade Nacional dos Estados Unidos e asesor principal do Director en funcións de Intelixencia Nacional . En novembro de 2024 o presidente electo Donald Trump designouno para suceder a Christopher A. Wray como director do FBI .
Membro do Partido Republicano, Patel foi asistente principal do congresista Devin Nunes durante o seu mandato como presidente do Comité de Intelixencia da Cámara. Mentres traballaba con Nunes, Patel xogou un papel fundamental para axudar os republicanos nas investigacións sobre Trump e a interferencia rusa nas eleccións de 2016 . En 2018 Patel foi fundamental na elaboración do coñecido como memorando Nunes, que alegaba erros na solicitude do FBI para unha orde de vixilancia do asistente de campaña de Trump en 2016. Traxectoria Primeiros anos Kash Patel naceu nunha localidade de Long Island de pais indios gujaratis que emigraran aos Estados Unidos dende o Canadá procedentes de África Oriental ; seu pai traballaba como oficial financeiro nunha empresa de aviación e a familia criou a seu fillo nos valores hindús, Patel realizou a súa educación secundaria no Garden City High School.
En 2002 licenciouse en historia e xustiza penal na Universidade de Richmond, logrou o Juris doctorate na Facultade de Dereito da Pace University, Nova York en 2005, e obtivo un certificado en dereito internacional na University College London de Inglaterra en 2004 .
Carreira xurídica
Inicios Despois da facultade de dereito, Patel aveciñouse en Florida e pasou oito anos como defensor público, primeiro na oficina do defensor público do condado de Miami-Dade e máis tarde como defensor público federal.
En 2014, Patel entrou a traballar como avogado litigante na División de Seguridade Nacional do Departamento de Xustiza dos Estados Unidos, e asemade actuou como enlace xurídico co Comando Conxunto de Operacións Especiais. En 2017 logrou un posto como conselleiro en contraterrorismo no Comité de Intelixencia da Cámara de Representantes .
Axudante de Devin Nunes miniatura|Devin Nunes en agosto de 2017 nunha visita ás tropas estadounidenses destacadas en Kosovo En abril de 2017 converteuse no asistente principal do presidente do Comité de Intelixencia da Cámara, Devin Nunes e Patel xogou un papel destacado na oposición republicana ás investigacións sobre Donald Trump e a inxerencia rusa nas eleccións de 2016
Segundo The New York Times, Patel foi o autor principal do memorando coñecido como Nunes memoOficialmente o seu título é Foreign Intelligence Surveillance Act Abuses at the Department of Justice and the Federal Bureau of Investigation que se fixo público o 2 de febreiro de 2018 no que se alegaba unha mala conduta do FBI ao solicitar unha orde do Tribunal de Vixilancia de Intelixencia Estranxeira (FISC) para a vixilancia electrónica do antigo axudante da campaña de Trump, Carter Page. Esa afirmación cuestionouna o director do comité de persoal e un voceiro de Nunes. Patel non comentou en público o asunto. The New York Times opinou que se rexeitou o memorando polo seu nesgo e por conter "feitos escollidos", pero "galvanzou aos aliados do presidente Trump e converteu ao señor Patel nun heroe entre eles" .
Despois dos demócratas tomaren o control da Cámara de Representantes en xaneiro de 2019 traballou durante aproximadamente un mes como avogado principal no Comité de Supervisión e Responsabilidades da Cámara.
Poder executivo
Posicións O Consello de Seguridade Nacional (NSC) contratouno en febreiro de 2019 durante a etapa do presidente Donald Trump, e traballou no Directorio de Organizacións e Alianzas Internacionais e en xullo de 2019 converteuse en director principal do Directorio Antiterrorista, un novo posto creado para el . Segundo The Wall Street Journal Patel dirixiu unha misión secreta a Damasco a principios de 2020 para negociar a liberación de Majd Kamalmaz e do xornalista Austin Tice, ambos os dous detidos polo goberno sirio .
En febreiro de 2020 comezou a traballar na Oficina do Director de Intelixencia Nacional (ODNI) , converténdose en adxunto principal do Director Interino Richard Grenell. Máis tarde ese mes formou parte do séquito de Trump durante a visita de estado á India, e informes de prensa sinalárono como un dos dous estadounidenses de orixe india que acompañaron ao presidente .
Escándalo Trump-Ucraína Aos poucos meses do nomeamento de Patel no NSC, xurdiron sospeitas que Patel asumira o papel de informador oficioso do presidente, o que se consideraba potencialmente prexudicial para a política estadounidense en Ucraína. Os sinais de alarma soaron cando Trump se referiu a Patel como "un dos seus principais especialistas en política en Ucraína" e, como tal, desexou "discutir documentos con el", por canto o verdadeiro encargo de Patel eran cuestións antiterroristas, e non Ucraína. Pensábase que operaba independentemente como canle irregular e informal de Rudy Giuliani. Testemuñas da investigación informaron do que sabían de Patel. Fiona Hill díxolles aos investigadores que parecía que "Patel se estaba involucrando indebidamente na política de Ucraína e enviaba información ao Sr. Trump" mais Gordon Sondland e Kent testemuñaron que non se atoparon con Patel durante o seu traballo.
Nunha reportaxe de outubro de 2019 Politico, por medio dunha fonte anónima que traballara na Casa Branca, informou que Patel tiña "acceso único" a Trump e que lle proporcionaba consellos "fóra do seu ámbito" sobre a política dos Estados Unidos en Ucraína . Patel negou esa información e, ao mes seguinte, demandou a Politico por difamación, e solicitou 25 millóns de dólares por danos .
O 3 de decembro de 2019, o informe do Comité de Intelixencia da Cámara incluía rexistros telefónicos, logrados mediante citacións a AT&T e/ou Verizon, no que se incluía unha chamada telefónica de 25 minutos entre Patel e Giuliani o 10 de maio de 2019 . A chamada produciuse despois de Giuliani e Patel intentaran infrutuosamente chamarse durante varias horas, e menos dunha hora despois dunha chamada entre Giuliani e Kurt Volker . Cinco minutos despois da chamada de 25 minutos entre Giuliani e Patel, un número de teléfono non identificado chamou a Giuliani durante máis de 17 minutos, despois do cal Giuliani chamou ao seu asociado Lev Parnas durante aproximadamente 12 minutos . Nunha declaración a CBS News o 4 de decembro de 2019, Patel negou formar parte da rede de informadores confidenciais de Giuliani en Ucraína, dicindo que "nunca foi unha vía de información para o presidente Trump sobre os asuntos de Ucraína, para nada, nunca" , e que a súa chamada con Giuliani fora "persoal" .
Proposto para dirixir o FBI ou a CIA Trump propuxo a Patel como potencial dirixente para o FBI ou a CIA a principios de 2021 tras as eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2020. Trump considerara instalar a Patel como subdirector da CIA ou como director interino, o que requiriría despedir á directora da época Gina Haspel. Esta proposta enfrontouse a unha resistencia importante, incluíndo o fiscal xeral William Barr, quen escribiu nas súas memorias que Patel se convertería en director do FBI só "por riba do seu cadáver" .
Departamento de Defensa dos EUA miniatura|Foto oficial como xefe de gabinete do secretario de defensa dereita|miniatura|300x300px|Patel, nun segundo plano, nunha viaxe co secretario en funcións Miller o 14 de xaneiro de 2021 En novembro de 2020, Trump nomeouno xefe de gabinete do secretario de Defensa en funcións Christopher C. Miller, logo do cesamento do ata entón secretario de Defensa Mark Esper, Patel argumentou que Esper lle fora desleal a Trump ao negarse a despregar tropas militares en Washington para sufocar as protestas pola morte de George Floyd.Patel permaneceu no Pentágono tres meses. A revista Foreign Policy relacionou a medida coa "negativa de Trump a aceptar os resultados das eleccións". Fundamentándose en entrevistas con expertos en defensa, Alex Ward de Vox suxeriu que o nomeamento de Patel "non foi desafortunado", "non cambiou moito" e mesmo puido servir para acelerar a retirada das tropas estadounidenses de Afganistán.
Despois das eleccións de novembro de 2020, Patel supostamente impediu que algúns funcionarios do Departamento de Defensa axudasen á transición á administración de Biden, segundo a NBC. Como xefe de persoal, Patel dirixiu a coordinación do Departamento de Defensa coa transición presidencial de Joe Biden, e tamén apoiou unha iniciativa departamental para separar a Axencia de Seguridade Nacional do Comando Cibernético dos Estados Unidos.
Participación na investigación de documentos de Trump A axencia gobernamental Arquivos Nacionais e Administración de Documentos (NARA) descubriu en 2021 que Trump levara documentos presidenciais á súa casa en Florida tras deixar o cargo. Logo de Trump devolver algúns deses documentos, a NARA decatouse que aínda faltaban outros, mesmo algúns con información confidencial e remitiu o asunto ao FBI, e despois de varias solicitudes e unha citación para devolver os documentos que non se atenderan, o FBI entrou na casa de Trump cunha orde de rexistro para recuperalos. Patel afirmou publicamente que Trump desclasificara series enteiras de documentos sensibles antes de abandonar a Casa Branca. En outubro de 2022 Patel recibiu unha citación dun gran xurado federal que investigaba o asunto, pero rexeitou responder ás preguntas invocando o seu dereito a acollerse á Quinta Emenda contra da autoincriminación. Representouno o avogado Stanley Woodward . O Departamento de Xustiza intentou sen éxito persuadir un xuíz federal para obrigar a Patel a testemuñar. Os fiscais do Departamento de Xustiza concedéronlle unha inmunidade xurídica limitada, despois de Patel declarar o 4 de novembro de 2022 .
Carreira posgobernamental Diversas organizacións informativas describírono como un "leal a Trump" . Dende 2020, Patel invocou a súa asociación con Donald Trump en diversas "empresas que promoveu baixo o logotipo 'K$H'. En abril de 2022 converteuse en membro do consello de administración do Trump Media & Technology Group, propietario da plataforma de medios Truth Social. Tamén é o autor dunha triloxía de libros ilustrados para nenos, o primeiro titulado The Plot Against the King, no que afirma que se utilizou o expediente Steele como proba para iniciar as investigacións sobre a inxerencia rusa nas eleccións dos Estados Unidos de 2016. Ilustrado por Laura Vincent, o libro saíu ao prelo en abril de 2022 editado por Brave Books . En agosto dese ano saíu o segundo volume da triloxía The Plot Against the King 2000 Mules e en setembro de 2024 o terceiro The Plot Against the King 3: The Return of the King.