El Diario, foi un periódico editado en Pontevedra entre 1882 e 1885.

Historia e características Subtitulado Diario liberal, apareceu o 15 de novembro de 1882. Periódico de tendencia liberal fundado e dirixido por Andrés Landín, saía diariamente agás festivos. Tiña catro páxinas a catro columnas. Incluíu información política de Madrid, novas da provincia, de Galicia e do estranxeiro, e datos sobre o servizo de correos, o ferrocarril e o estado do mar. As súas críticas centrábanse nos canovistas e nos progresistas. Publicou poemas na sección Variedades, entre eles “Ben-vida d’o Sr. d. Eduardo Vincenti Reguera. Diputado a Cortes por Pontevedra” de Manuel Martínez González, e “Miña terra”, “Recordos”, “Nai infelis” e “A ela” de Albino Simán; tamén apareceron contos de Roque Pesqueira Crespo e Francisco Añón.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos El Noticiero Gallego (1884) Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1882 en Galicia