Magisterio Católico Español foi un periódico editado en Ourense entre 1937 e 1940.

Historia e características Órgano da Asociación Provincial de los Maestros Católicos Españoles, apareceu en 1937 como folla de encarte do periódico La Región.La Región, 12-5-1938, p. 2. A partir de setembro de 1938 apareceu como edición independente, de 12 páxinas e cunha tirada de 4 000 exemplares.La Región, 24-9-1938, p. 2. Entre os seus colaboradores figurou Vicente Risco. Cesou a súa publicación en novembro de 1940.La Región, 17-11-1940, p. 1.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1937 en Galicia