Na mitoloxía galega, o canouro é un ser imaxinario cuxa existencia está en discusión, pois pode tratarse dun ser con entidade propia ou ben ser unha manifestación do tardo, personaxe da mitoloxía galega que provoca pesadelos nocturnos. Dise que ataca ós meniños no colo do pai e que lles provoca pesadelos, insomnio e delirios. Non se sabe baixo que forma se presenta (non se sabe o que é nin a súa orixe nin condicións, di Murguía) pero, polos seus paralelos, pode ser desde un can negro ata unha man negra e peluda.

Foi Murguía quen, a finais do século XIX probablemente na Raia Seca, recolleu por primeira vez a lenda deste ser mítico. Recolleuno dun romance anónimo titulado, precisamente, O canouro, no que se describen os pesadelos dun rapaz que ve na trabe da súa habitación unha aparición fantasmal moi ruidosa e cun rabo máis longo que a propia trabe. Recolleu tamén os esconxuros que botara o pai da criatura e que conseguiron facer fuxir ó canouro, a base de invocar ás noitébregas, curuxas, garduñas, lagartos, cobras, sapos e outro bicherío. Supón Murguía que a lenda pode ter orixe xermánica, pois atopa semellanzas coa obra de Goethe O Rei dos Elfos.

Xesús Rodríguez López recolleu en 1910 a existencia destes seres:

Pero Vicente Risco rexeita taxativamente a veracidade desta tradición e inclúeo entre os Mitos falsos ou dudosos:

Os lexicógrafos que recolle o Dicionario de dicionarios danlle o significado de espírito imaxinario que vive nos campos, nos bosques e nas augas.

Etnógrafos como Xoán Ramiro Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, ou Vítor Vaqueiro, non atoparon máis información sobre o personaxe"Nunca oímos falar del", di Cuba. que a achegada por Murguía e, sen negar a veracidade do mito, tampouco o validan. En todo caso, os primeiros relaciónano co tardo e coa man peludaParalelismo que xa citara Taboada Chivite. (que aperta a gorxa das persoas durmidas e afógaas), así como con entidades semellantes noutras culturas: a Pesanta en Cataluña, o Aideko vasco, o Pesadiellu asturiano ou a Manona castelá.

De por parte, Ana Liste tamén fala destes seres,Ana Liste: Galicia; brujería, superstición y mística, Ed. Penthalon, Madrid 1981, px. 121. aínda que baixo a forma de bruxos carnourosPosiblemente, erro por canouros. Non achega ningunha información a maiores do que os etnógrafos anteriores.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Dicionario de dicionarios, ILG, s. v. canouro.

[facsímile da Ed. Maxtor, Valladolid 2001. ISBN 84-95636-77-8].

Categoría:Mitoloxía galega