O altruísmo eficaz demanda que as prácticas altruístas e solidarias se baseen non só en decisións emocionais, senón nunha análise racional que permita conseguir o maior impacto posible en beneficios de terceiros. Desta forma, considérase altruísta eficaz a alguén que se esforza por considerar todas as causas e accións coñecidas para actuar de xeito que as súas accións teñan o maior impacto positivo. Este enfoque baseado na evidencia distingue o altruísmo eficaz do altruísmo tradicional ou da caridade clásica, e ás veces implica realizar accións que son pouco intuitivas ou emocionalmente destacadas.

Antecedentes Entre os antecedentes afíns ao altruísmo eficaz atópase a filosofía de «dar en vida» (Giving While Living) do empresario e filántropo irlandés-americano Chuck Feeney, fundador de The Atlantic Philanthropies, que dedicou a maior parte da súa fortuna á filantropía durante a súa vida. O seu exemplo influíu na concepción da filantropía de Bill Gates e Warren Buffett, así como noutros grandes doadores, e promoveu a idea de empregar a riqueza en vida para poder observar e aumentar o impacto das doazóns.

Principios Distínguense varios principios na toma de decisións dos altruístas eficaces para a selección das causas, tales coma a escala, a desatención e a tratabilidade dos problemas. A causa é definida como unha forma de mellorar con respecto a unha determinada maneira na que neste as cousas poderían mellorar. Así, podemos distinguir tres tipos de avaliación para acoller as causas:

-Escala: O grao de "desvalor" que pode evitar ou de valor que pode promover unha certa causa. Unha medición axeitada da escala ten que ter en conta os diferentes desvalores e os distintos factores en función dos que estes poden ser máis ou menos significativos, incluíndo a intensidade do dano que causan, a súa duración e a súa difusión entre distintos individuos.

-Desatención: O grao no que unha causa permanece sen ser tratada. Esta pode medirse en termos de cantidades agregadas de recursos totais empregados, o cal é máis relevante que o número de individuos implicados nela.

-Tratabilidade: A facilidade coa que unha causa pode ser tratada, tendo en conta os recursos necesarios e o grao no que recursos adicionais permiten avanzar na súa solución. miniatura|Peter Singer durante unha conferencia sobre altruísmo eficaz en Melbourne en 2015.

Obxectivos O altruísmo eficaz non presupón unha única teoría sobre que resultados son moralmente valiosos, polo que dentro deste enfoque poden adoptarse diferentes obxectivos, por exemplo: miniatura|William MacAskill, filósofo e unha das principais figuras do movemento do altruísmo eficaz. 1) A minimización do benestar negativo.

2) A minimización do benestar negativo menos benestar positivo.

3) A minimización da suma total de cousas negativas directa ou indirectamente para as entidades receptoras de benestar.

4) A maximización da suma total de cousas positivas directa ou indirectamente para as entidades receptoras de benestar menos cousas negativas directa ou indirectamente.

5) A maximización de valores impersoais ou a minimización de desvalores impersoais.

6) A minimización da realización de accións incorrectas, ou a maximización da realización de accións correctas.

En canto ao impacto marxinal, refírese ao efecto que ten a nosa acción concreta dado os efectos que xa tiveron outras accións previas.

Tamén deberíamos ter en conta diferentes vías de acción, entre elas investigar ou intervir directamente. As seguintes son posibles accións que acoller:

-Realizar un traballo directo, facendo voluntariado ou activismo nalgunha causa que leve a conseguir un cambio.

-Aportando recursos os cales o seu emprego poida conseguir un cambio.

-Animando a outras persoas a que tamén invirtan, para aí acoller os máximos recursos posibles para tratar a causa.

-Un subtipo de traballo meta que merece a pena destacar sería o dado no campo do coñecemento (é dicir, investigación, por exemplo).

Notas

Véxase tamén

Altruísmo Altruísmo de parentesco Altruísmo recíproco Filantropía

Categoría:Relacións interpersoais Categoría:Filantropía