dereita|miniatura|Necrolóxica de Maximino Viaño García en La Voz de Galicia.

Maximino Viaño García, nado en Tapia (Ames) o 26 de xuño de 1927 e finado no hospital provincial de Conxo (Santiago de Compostela) o 11 de decembro de 2024, foi un gandeiro, empresario, político e escritor galego, impulsou do selo de calidade Tenreira Galega. Traxectoria

De familia labrega, estudou Graduado Social na Universidade de Santiago. Fixo o servizo militar en Toledo.

Durante o franquismo promoveu a creación de cooperativas agrogandeiras na súa comarca, da que foi un exemplo a Cooperativa de Explotación Comunitaria de Terras e Gandos de San Cristovo de Tapia, en 1966, e sobre todo Feiraco, fundada en 1968 no casino de Negreira a canda Jesús García Calvo e unha cincuentena máis de cooperativistas. De Feiraco foi secretario inicialmente e logo xerente durante a segunda metade da década dos 60 e toda a década dos 70; esencialmente polo tanto a primeira parte da súa vida profesional estivo vencellada ao sector leiteiro, ao que estivo vinculado até a súa xubilación.

Ao deixar a xerencia de Feiraco pasou como directivo á leiteira asturiana Reny Picot, e en 1980 foi co-fundador de Terga, unha empresa de cebo de becerros. En 1989 impulsou a creación da marca Tenreira Galega, e foi o presidente do seu primeiro consello reitor, primeiro como Produto Galego de Calidade, logo como Denominación Específica Tenreira Galega (1994), logo da fusión coa denominación Carne de Rubia Galega, e logo como Indicación Xeográfica Protexida (1996).

Tivo tamén experiencia na política: foi concelleiro en Ames e figurou na candidatura de Coalición Galega ás eleccións de 1989 ao Senado.

Recoñecementos Orde Civil do Mérito Agrícola. Medalla de ouro do concello de Ames. Medalla de Bronce de Galicia

Obra Dedicou os últimos anos da vida a escribir. Foi tamén nomeado Cronista oficial do concello de Ames. Lembranzas. Una vida en el campo gallego (2001). Os muíños de Riamontes. Contos da miña aldea (2004). Visto desde a aldea. Aquela xentiña éramos así (2019).

Vida persoal Casou con Carmen Illodo, de quen enviuvou en 2016. Tivo catro fillos e catorce netos

Notas

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Gandaría Categoría:Nados en 1927 Categoría:Nados en Ames Categoría:Finados en 2024 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos de Coalición Galega Categoría:Concelleiros de Ames Categoría:Medalla de Bronce de Galicia Categoría:Agricultores Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Cronistas de Ames