La Monja Enana é un grupo de indie pop, electropop e, segundo o movemento de críticos indies da década dos 00 no Estado español que crearon a etiqueta musical, tontipop madrileño. Fundado en 1997 para a participación no festival da academia de música local na que estudaban os seus tres primeiros integrantes Ana Vaquero, Juan Alonso, e unha terceira integrante Julia, que abandonou o grupo tras a publicación da súa primeira maqueta o ano seguinte.
Cunha boa acollida da maqueta, retransmitida por Radio 3, fichan polo selo Elephant Records. O grupo conta con 4 discos publicados e xiras en Rusia e América, así mesmo foron escollidos para soar en programas de picadiscos da BBC, no programa de John Peel, e na WZBC de Boston. No ano 2000 o seu álbum Pídeme un deseo foi elixido sinxelo da semana pola revista musical británica Melody Maker.
Traxectoria En xaneiro de 1999 tivo lugar a súa presentación formal como grupo ao ser contratados como abreconcertos da banda METEOSAT en Madrid. En maio do mesmo ano participaron nunha festa de homenaxe ao locutor Juan de Pablos. Nel interpretaron unha versión do tema principal do programa do xornalista en Radio 3, ademais dunha versión do "J'suis d'accord" de Françoise Hardy. Ambas cancións foron publicadas posteriormente nun CD recompilatorio editado pola sala Siroco. Por esas mesmas datas, os oíntes de Diario Pop e Viaje a los Sueños Polares elixen a súa maqueta como a mellor do ano 1998. Actúan nunha festa de Elefant xunto con NIZA e o grupo murciano Vacaciones, en maio. Gravaron unha sesión de 30 minutos para Diario Pop: unha das cancións da devandita sesión (“Casa de Muñecas”) sairá no ano 2000 nun CD recompilatorio de Radio 3.
En agosto sae o seu primeiro CD-Single, “Pídeme un deseo”. Despois do verán preséntano en diferentes concertos (unha nova festa de Elefant en Madrid con NIZA e Juniper Moon, unha actuación en Basauri e nunha aparición nun programa de televisión de Vía Digital.
Xa no ano 2000 adícanse nun remix da canción da banda inglesa SUPERCUTE para a súa canción "Jamie Theakston", que aparece no CD-Single do devandito grupo británico que Elefant publicou en febreiro dese mesmo ano: “Songs your mother never teach you”.
No segundo semestre do ano 2000, a prestixiosa revista británica Melody Maker escolle o CD-Single de La Monja Enana como single da semana. Probabelmente sexa a primeira vez que un disco español fora escollido nesta publicación. Tamén aparecen no programa de John Peel da BBC inglesa, así como na emisora de radio universitaria WZBC, en Boston (Estados Unidos) Nesas mesmas datas organizan unha festa en Siroco para recadar fondos para nenos necesitados, na que actúan xunto a La Casa Azul, NIZA e Zipi e Zape. Participan na terceira festa do fanzine zaragozano La Indiférence, xunto a PARADE e La Pequeña Suiza, e no Pink Punk Festival de Madrid, xunto a METEOSAT e Vacaciones, entre outros.
En xullo de 2000 participaron nunha homenaxe a Family na inauguración do local Ocho y Medio de Madrid, interpretando dous temas do dúo donostiarra.
En 2001 a editorial norteamericana Prentice Hall publicou Conexiones, un libro de texto para aprender español que incluía dúas cancións de La Monja Enana: "Bajo tierra" e "Cartas de amor". En decembro do mesmo ano o grupo xirou en diversos concertos por Rusia. O grupo actuou en Moscova e Ekaterimburgo, así como no Festival Internacional de Música Electrónica, que se celebrou na cidade de Izhevsk os días 1 e 2 de decembro.
O grupo explotaba a fórmula de secuencias repetitivas e sen moitos recursos electrónicos con letras coloridas e melodías pop vocais. En 2002 saíu un dobre lanzamento: un disco compartido con Aviador Dro e L-Kan, «Qué Mutada!« e, finalmente, o seu segundo sinxelo, «Un cadáver que abre un ojo».
En 2005 os seus sinxelos e algunhas cancións perdidas foron recompilados no álbum Un secreto terrible, publicado en Francia por La Bulle Sonore e en México por Molécula Records. En 2008 saíu Humo y espejos. Deron concertos en España, Cidade de México, Monterrei, Tijuana, París, Lima, Estocolmo ou Os Ánxeles.
Desde entón Vaquero é a vocalista de Cola Jet Set, Las Annettes e Los Fresones Rebeldes. Alonso quedou segundo no mundo co equipo PAMP! no AI Song Contest (concurso internacional de cancións feitas coa axuda de Intelixencia artificial) en 2022, e terceiro en 2023.
No ano 2024 celebraron o seu aniversario como banda na Sala Siroco de Madrid.
Discografía Álbums ¡Qué mutada! -con Aviador Dro e L-Kan- (PIAS, 2002) Un secreto terrible -recompilatorio- (La Bulle Sonore, 2005) Humo y espejos (Elefant Records, 2008) Crisis en Autonomías Infinitas - con Aviador Dro e L-Kan- (Reactor, 2015)
Singles e EPs Pídeme un deseo (Elefant Records, 1999) Un cadáver que abre un ojo (Elefant Records, 2002)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de indie pop