Antía Muíño, nada en Santiago de Compostela en 1992, é unha cantautora e guitarrista galega. O seu estilo vai dende a canción de autor, a música tradicional galega, o jazz ou a bossa nova. En 2020 publicou o seu primeiro sinxelo "Carta Aberta" e dous anos máis tarde o seu primeiro álbum, tamén titulado Carta Aberta. As súas cancións suman máis de dous millóns de reproducións só en Spotify.

Álbums Carta Aberta (2022, Raso estudio) Anfibia Por Veces (2026, Raso estudio)

Recoñecementos

O 5 de outubro de 2022 foi galardoada na IX edición dos Premios Martín Códax da Música como mellor Artista Emerxente. Con Carta Aberta, converteuse en embaixadora de EQUAL España para Spotify, estando presente no billboard de Times Square en Nova York. Premio Martín Códax da Musica en 2026

Notas

Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Cantautores de Galicia