José Ramón Gómez Buhigas, coñecido como Mon G. Buhigas, nado en Vilagarcía de Arousa en 1965, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989. É profesor de inglés de ensino medio no Colexio Peleteiro de Santiago de Compostela. É autor de dous libros de poesía. Colaborou en El Correo Gallego e Popular FM Vigo, no Canal Dous como comentarista musical.
En 2026 acadou o XI Premio Antón Risco de Novela Curta coa obra Azul.
Obras Poesía Poemas para Emilia, Libros da Frouma, Edicións Follas Novas, 2003. Doce, Libros da Frouma, Edicións Follas Novas, 2010.
Álbum ilustrado A fita azul, 2019, publicado pola Editorial Galaxia. É un álbum ilustrado homenaxe a docentes e demais axentes da aprendizaxe, incluíndo o persoal non docente dos centros educativos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Editorial Galaxia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1965