A asonancia, tamén coñecida como rima asonante ou rima vocálica, e tamén rima toante, en galego reintegracionista e portugués é a repetición de fonemas vogálicos idénticos en palabras ou sílabas próximas, a partir da última vogal acentuada, en dous ou máis versos.

Usos Habitual na literatura poética, pódese empregar co obxectivo de acelerar o ritmo ou aumentar a expresividade do poema.

Na literatura galego-portuguesa, era común tanto a consonancia como a asonancia.

Nas diversas literaturas europeas románicas, como a desenvolvida en occitano (como n'O cantar de Roldán e outros romances), en castelán ou en linguas italo-románicas, a asonancia tamén é utilizada desde a Idade Media e até a literatura contemporánea actual. Tamén é común o seu uso nos poemas e cancións en linguas célticas.

Na literatura inglesa medieval, porén, non se empregaba, e o seu uso só pasa a se tornar significativo en lingua inglesa moderna a partir das obras do poeta xesuíta irlandés Gerard Manley Hopkins e o poeta de guerra Wilfred Owen, entre o final do século XIX e inicio do século XX.

Exemplos na literatura galega e portuguesa

Na lírica medieval Este célebre poema de Don Dinís combina a asonancia (pino/amigo; ramo/amado) coa consonancia (amigo/comigo; amado/jurado):

Ai flores, ai flores do verde pino,

se sabedes novas do meu amigo!

             Ai Deus, e u é?

Ai flores, ai flores do verde ramo,

se sabedes novas do meu amado!

             Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amigo,

aquel que mentiu do que pôs comigo!

             Ai Deus, e u é?

Se sabedes novas do meu amado,

aquel que mentiu do que mi 'á jurado!

             Ai Deus, e u é?

Vós me preguntades polo voss'amigo,

e eu bem vos digo que é san'e vivo:

             Ai Deus, e u é?

— Don Dinís, Cancioneiro da Vaticana

Nas variantes modernas No galego do Rexurdimento, no galego moderno e no portugués moderno tamén se emprega a asonancia.

En Cantares gallegos, Rosalía de Castro fai rimar en asoante a primeira estrofa:

Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos, adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos

— Rosalía de Castro, Cantares Gallegos

O poema Toante, de Manuel Bandeira, utiliza a asonancia en lugar das rimas tradicionais ao final de cada verso, creando parellas asonánticas nos versos intermitentes de cada estrofa: Molha em teu pranto de aurora as minhas mãos pálidas. Molha-as. Assim eu as quero levar à boca, Em espírito de humildade, como um cálice. De penitência em que a minh'alma se faz boa...

Foi assim que Teresa de Jesus amou... Molha em teu pranto de aurora as minhas mãos pálidas. O espasmo é como um êxtase religioso... E o teu amor tem o sabor das tuas lágrimas...— Manuel Bandeira, Toante Os versos 5 e 7 deste poema, a pesar de coincidir a vogal acentuada da sílaba tónica, é máis común considerar simplemente que non riman, ao non coincidir as outras vogais.

Notas

Véxase tamén

Aliteración Cacofonía Consonancia Disonancia Harmonía Harmonía (música) Literatura galega Literatura experimental Onomatopeas Poesía Prosodia Poema circular Rima Verso libre Verso branco

Categoría:Poesía Categoría:Retórica e figuras da lingua Categoría:Rima