O termo Letra pode referirse a:
Letra, signo gráfico que forma un alfabeto. As letras suplementarias son as engadidas para enriquecer un determinado alfabeto; Letras (estudos), designación xenérica que abrangue as áreas científicas da Lingüística e as Humanidades, incluíndo o ensino de idiomas, os estudos literarios e mesmo as Ciencias Sociais. En España existía a carreira de Filosofía e Letras; en Portugal existen aínda as Facultades de Letras; Letra (música), texto dunha canción; Caligrafía, composición estética da escritura dun individuo (ter boa letra); Letra de cambio, promesa de pagamento; Tipografía (e.g. letra maiúscula e letra minúscula); Letras, como metonimia de literatura (por exemplo Día das Letras Galegas como día de homenaxe á literatura galega); Letra Q, formado a partir de LEite, TRAzabilidade e Qualidade, é un sistema de identificación do leite e produtos lácteos obtidos.
Véxase tamén Outros artigos Letros, lugar da parroquia de Manduas, no concello de Silleda; Letras de Cal, editora galega; Letras do noso tempo, libro de Francisco Fernández del Riego; Letras y Deportes, revista editada en Vigo en 1909; Letras Regionales, revista editada en Córdoba en 1925; Avogado, avogada ou letrado, aquela persoa, licenciada en dereito que exerce profesionalmente a defensa das partes en xuízo e toda clase de procesos xudiciais e administrativos e, en xeral, o asesoramento e consello en materias xurídicas; Letrismo, movemento poético de vangarda.