Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) foi a denominación oficial da educación secundaria no Estado español, regulada pola Lei Xeral de Educación de 1970. Comezou a implantarse no curso 1975-76 con 1º de BUP, e ampliouse a 3º no curso 1977-78. Comezou a extinguirse progresivamente tras a aplicación da Lei Orgánica de Ordenación Xeral do Sistema Educativo de España (LOGSE) de 1990 e desapareceu definitivamente no ano 2000.
Estrutura curricular Constaba de tres cursos:
1º de BUP, que corresponde ao actual 3º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) . 2º de BUP, que corresponde ao actual 4º da ESO. 3º de BUP, que se corresponde co actual 1º de Bacharelato.
En 1º de BUP cursábanse as seguintes materias:Orde do 22/3/1975 que desenvolve o Plan de Estudos do Bacharelato http://www.boe.es/boe/dias/1975/04/18/pdfs/A08049-08068.pdf
Lingua Castelá e Literatura Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) Lingua Galega (ou lingua vernácula en Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco) Debuxo Música e Actividades Artístico-Culturais Historia (occidental) Ética ou Relixión (Ética despois de 1979) Matemáticas Ciencias da Natureza Educación Física e Deportiva
En 2º de BUP as materias eran:
Lingua Castelá e Literatura Latín Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) Lingua Galega (ou lingua vernácula en Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana, Navarra e País Vasco) Xeografía e Historia Ética/Relixión Matemáticas Física e Química Educación Física e Deportiva EATP (Ensinanzas e Actividades Técnico-Profesionais). Escollíase unha materia entre as ofertadas en cada centro, no catálogo podías atopar: Debuxo Técnico/Deseño, Electricidade, Informática, Teatro, Segunda Lingua Estranxeira, Traballos Domésticos, Fotografía, Astronomía, etc.
En 3º de BUP había materias comúns e optativas (dependendo da rama escollida).
As materias comúns para as ramas de ciencia e arte eran:
Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés) Lingua Galega (ou vernácula en Baleares, Cataluña, Comunidade Valenciana, Galicia, Navarra e País Vasco) Xeografía e Historia (Historia do Mundo Contemporáneo) Filosofía Ética/Relixión Educación Física e Deportiva EATP (Ensinanzas e actividades técnico-profesionais)
Ademais, os alumnos tiñan que escoller entre dúas opcións, ciencia e literatura; elixindo tres materias das catro optativas que se ofertaban en cada opción, que complementaban as materias obrigatorias, comúns para ambas ramas.
As materias optativas ofertadas en cada rama foron:
opción A: "Letras": Literatura, Latín, Grego e Matemáticas. opción B: "Ciencias": Física e Química, Ciencias da Natureza, Matemáticas e Literatura.
Despois de rematar o BUP, e antes de cursar a Selectividade de acceso á Universidade, era necesario cursar o Curso de Orientación Universitaria (COU), equivalente ao actual 2º de Bacharelato. Neste curso o alumnado podía optar, a partir de 1987,Orde do 3 de setembro de 1987 http://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-1987-21337 entre dúas ramas de Ciencias (opción Biosanitaria e Técnica) e dúas de Literatura (Ciencias Sociais e Humanidades).
Características A avaliación realizouse mediante notas textuais e tiña carácter de continua, con dúas convocatorias globais, unha en xuño e outra en setembro.
Nos centros públicos (Institutos de Secundaria) as materias eran impartidas por profesores pertencentes ao Corpo de Profesores de Bacharelato e ao Corpo de Profesores Asociados de Bacharelato que foron, co visto e prace da LOGSE, integrados forzosamente no corpo de Profesores de Educación Secundaria, xunto cos antigos profesores de Formación profesional (FP).
A súa implantación aumentou nun ano o tempo necesario para acceder á Universidade.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Educación Educación primaria Educación Xeral Básica Adestramento
Categoría:Ensino en España