Laetitia Colombani, nada en Bordeos en 1976, é unha directora, actriz, guionista e escritora francesa.
Traxectoria Laetitia Colombani naceu en 1976, filla dunha bibliotecaria e dun enxeñeiro. Tras dous anos de estudos na Cinésup de Nantes, ingresou na École nationale supérieure Louis-Lumière, da que se graduou en 1998.
Escribiu e dirixiu varias curtametraxes, así como dúas longametraxes: À la folie... pas du tout (2002), con Audrey Tautou, Samuel Le Bihan e Isabelle Carré, que recibiu o premio Sopadin Junior ao mellor guión; e Mes stars et moi (2008), con Kad Merad e Catherine Deneuve. Tamén actuou e coescribiu a comedia musical Résiste (2015). Tamén traballou en televisión e cinema, en películas como Cloclo (2012) de Florent Emilio Siri ou Fête de familie (2019), de Cédric Kahn.
A súa primeira novela, A trenza (2017), foi traducida ao galego en 2021. A obra conta a historia de tres mulleres con destinos moi diferentes, que viven na India, Italia e mais o Canadá. Tivo moito éxito no mercado francés, onde vendeu preto de dous millóns de exemplares. Gañou máis de vinte premios literarios tanto en Francia como no estranxeiro, entre os que destaca o 40.º premio Relay des Voyageurs Lecteurs. O libro foi adaptado ao teatro en Francia, España e Italia. En 2022, foi levada ao cinema pola propia Colombani; a película rodouse nos tres países nos que se sitúa a acción da trama.
A súa segunda novela, Les Victorieuses, saíu do prelo en 2019. A historia xira arredor do Palacio da Femme de París, fundado por Blanche Peyron (1867-1933). Foi tamén un éxito de vendas, cuns 500.000 exemplares mercados só en Francia, e traducida a máis de vinte linguas. Unha sorte semellante tivo a súa terceira novela, Le Cerf-volant (2021).
Filmografía Como actriz +AnoTítuloDirector/aPapel1998Le Dernier BipLaetitia ColombaniEmma Merowski1998Le Cousine BetteDes McAnuffnon acreditado2002ParadiscoStéphane Ly-Cuonga muller dos bombóns2003La FraucheusePatrick TimsitMarie2003Gomez et TavarèsGilles Paquet-BrennerSéverine2003Casting urgentLaetitia Colombania directora do casting2004Qui mange quand?Jean-Paul Lilienfelda anfitrioa2005Libre échangeOlivier de PlasFlorence2005Belle, enfin possibleRégis Roinsarda operadora2005Pas bouger!Xavier Daugreilha nai2005Retiens-moiJean-Pierre IgouxVirginie2008Mes stars et moiLaetitia Colombania psicanalista2012ClocloFlorent-Emilio SiriVline Buggy2014J'aurais pas dû mettre mes ClarksMarie Calderaa directora2015La Boule noireDenis MallevalMadame Fabre2019Fête de familleCédric KahnMarie2021Les Choses HumainesYvan Attala psicóloga
Como directora +AnoTítuloTipo1998Le Dernier BipCurtametraxe2002À la folie... pas du toutLongametraxe2003Une fleur pour MarieCurtametraxe2003Quelques mots d'amourCurtametraxe2003Casting urgentCurtametraxe2008Mes stars et moiLongametraxe2023La TresseLongametraxe
Publicacións A trenza (2017) Les Victorieuses (2019) Le Cerf-volant (2021)
Traducións A trenza (2021). Tradución ao galego de Moisés Barcia. Rinoceronte Editora. .
Notas
Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Nados en 1976 Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Actores de Francia Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Guionistas de Francia