Alexandre I (en , romanizado: Alexandros I); nado o 1 de agosto de 1893 e finado o 25 de outubro de 1920, foi rei de Grecia case tres anos e medio, desde 1917 até a súa morte provocada pola mordedura dun macaco. O goberno grego considerouno un rei fantoche e tentou encarceralo no seu propio palacio. Durante o seu reinado rematou a Primeira guerra mundial.
Traxectoria Alexandre converteuse en rei despois de que o seu pai, o rei Constantino, fose obrigado a abdicar. Como o irmán maior de Alexandre, o príncipe herdeiro Xurxo, non estaba preparado para gobernar, Alexandre converteuse en rei. Durante o seu reinado, o rei apoiou ás tropas gregas durante a súa guerra contra o Imperio Otomán e Bulgaria. Baixo o seu reinado, a extensión territorial de Grecia aumentou após a vitoria da Entente e os seus aliados na Primeira guerra mundial e as primeiras etapas da guerra greco-turca de 1919–1922.
Alexandre case rematou a guerra que acontecera en Grecia durante moito tempo. Porén, o 25 de outubro de 1920 en Atenas, aos 27 anos, despois de ser mordido por unha mona de Xibraltar no seu palacio de Atenas. A súa ferida infectouse e pronto desenvolveu septicemia.
Debido a que Alexandre non tiña un herdeiro, houbo eleccións pouco despois da súa morte. A elección consistiu no retorno e restauración do pai de Alexandre, o ex-rei Constantino, ao trono. Case o 99% dos votos foron a favor do seu regreso, polo que Constantino foi restaurado ao trono só dous meses despois da morte de Alexandre.John Van der Kiste, Kings of the Hellenes: The Greek Kings, 1863-1974, Sutton Publishing, 1994, ISBN 0-7509-2147-1
Notas
Véxase tamén
Reino de Grecia Historia de Grecia
Categoría:Reis de Grecia Categoría:Finados en 1920 Categoría:Nados en 1893