O Metro lixeiro da Coruña é un medio de transporte proposto para a cidade da Coruña e a súa área metropolitana que se atopa en fase de estudo. Desde a década de 1990 abriuse a posibilidade da recuperación do antigo tranvía na cidade da Coruña. Nesa mesma década foi posto en marcha un tranvía turístico que recorría a costa da península sobre a que a cidade se asenta.

Alén de como servizo turístico, houbo propostas desde diferentes ámbitos dirixidas á mellora do transporte público mediante a implantación dun tranvía ou metro lixeiro, de carácter tanto urbano como metropolitano, seguindo os pasos de cidades de poboación semellante á Coruña tanto no resto do Estado como en outros países de Europa.

Malia que o concello da Coruña xa ten varias propostas para os percorridos das liñas do futuríbel metro lixeiro, como as recollidas no Plan Xeral de Ordenación Urbana redactado polo urbanista Joan Busquets, a falta de acordo entre as administracións municipais, autonómicas e estatais deixaron o proxecto paralizado.

Categoría:Tranvías de España Categoría:Transporte na Coruña