A letra, na música, é o texto contido en composicións vocais para ser cantadas ou, ás veces, recitadas.
O escritor dunha "letra" chámase "letrista". As "letras" na música clásica chámanse "texto". O letrista neste tipo de música chámase "autor do texto". As palabras, nunha obra musical extensa como unha ópera, derívanse dunha obra literaria (libro), denominada "libreto". Os escritores de libretos chámanse "libretistas".
Nunha partitura para canto, a letra escríbese baixo as notas musicais e as palabras están separadas en sílabas métricas. Se a sílaba se estende sobre varias notas musicais, colócanse guións separadores debaixo das distintas notas para indicar a prolongación. Se a prolongación se produce na sílaba final ou nunha palabra monosílaba, colócase unha liña completa, subliñando as notas afectadas. Esta prolongación chámase "vocalise" ou "melisma".
miniatura|Parte 1 do extracto de "For Unto Us a Child is Born", do Mesías de Händel.
miniatura|Parte 12 de "For Unto Us a Child is Born"
Exemplos
miniatura|Partitura e letra do "Hino da Maria da Fonte" ou "Hymno do Minho". centro|577x577px|miniatura|Letra traducida á lingua inglesa do Mesías de Händel, extracto de "For Unto Us a Child is Born". Notas
Véxase tamén Outros artigos
Canción Cantiga Letrismo Libreto Partitura Poesía Verso
Categoría:Terminoloxía musical Categoría:Poesía