Guillermo Sarmiento Gil, nado en Arbo en 1884, foi un político e escritor galego.

Traxectoria Dono do Pazo do Pombeiro en Mourentán, fillo de Teresa Gil Acuña de Sarmiento. Foi xuíz municipal de Arbo. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado provincial polo distrito de Ponteareas-A Cañiza.Galicia Nueva, 17-1-1924, p. 2.El Tea, 4-7-1924, p. 1-2. En xaneiro de 1931 foi proposto para ser deputado polo distrito pola Asociación Labor, Fe e Recreo, rama autónoma cultural de Unión de La Unión de los Hijos de La Cañiza, Arbo, Creciente y Covelo en Buenos Aires.El Tea, 13-3-1931, p. 1. Na República foi elixido concelleiro de Arbo. Colaborou no Boletín da Real Academia Galega e Vida Gallega. Foi socio protector do Seminario de Estudos Galegos e membro correspondente da Real Academia Galega.

Obras

Quisicosas, 1907. Vida persoal Casou con Trinidad Sampayo Sarmiento, viúva de Ángel Gómez Piñero, en 1925, de quen se divorciou en 1932.El Progreso, 18-11-1932, p. 3.El Pueblo Gallego, 29-1-1933, p. 2.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carta de Guillermo Sarmiento Gil para M. Ron Varela sobre cuestións persoais

Carta de Guillermo Sarmiento Gil a destinatario descoñecido solicitando axuda na procura dun traballo

Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Concelleiros de Arbo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega

Categoría:Nados en Arbo

Categoría:Nados en 1884

Categoría:Finados en ano descoñecido