A calandra de Dupont (Chersophilus duponti) é unh especie de calandra d familia dos aláudidos clasificada no xénero monotípico Chersophilus. Vive no norte de África e España.
Taxonomía e sistemática
A calandra de Dupont describiuna orixinalmente Louis Pierre Vieillot en 1820 e situouna no xénero Alauda.Vieillot, Louis Pierre (1820) Faune française, ou Histoire naturelle, générale et particulière des animaux qui se trouvent en France, constamment ou passagèrement, à la surface du sol, dans les eaux qui le baignent, et dans le lit, pages 173-174 Foi nomeada polo naturalista francés Léonard Puech Dupont, que recollera a especie e mostráralla a Vieillot.
Subspecies Recoñécense dúas subespecies: C. d. duponti - (Vieillot, 1824): atopada no sur de España, norte de Marrocos, norte de Alxeria e norte de Tunisia. C. d. margaritae - (Koenig, AF, 1888): orixinalmente descrita como especie separada no xénero Alaemon. Vive en Alxeria central ata o oeste de Exipto.
Descrición Como moitas outras calandras, a calandra de Dupont é unha especie difícil de distinguir no chan. Ten 17–18 cm de longo, é delgada cun pescozo longo, patas longas e un bico fino lixeiramente curvado. Ten unha banda na coroa clara delgada e un peito con liñas escuras. A C. d. duponti de Europa e noroeste de África é principalmente gris amarronada na parte superior e clara na inferior. A C. d. margaritae, que ocupa a maior parte do resto da súa área en África, ten partes superiores marróns avermelladas.
Vocalizacións A súa canción é unha frase asubiada melancólica aguda repetida, moi ventrilocua (difícil de localizar) e un asubío nasal que fai principalmente ao amencer e solpor ou de noite.
Distribución e hábitat Reprodúcese en gran parte do norte de África, desde Alxeria a Exipto, e en España e Francia. É unha ave residente non migratoria. É unha especie que adoita habitar en áreas de mato ou chaparral. Porén, esá experimentando un decrecemento anual da súa poboación do 3,9 % en España cunha diminución do 32,8 % de 2008 a 2018, o que cambiou o seu status de conservación de vulnerable a nivel nacional a en perigo nas rexións de Andalucía e Castela e León.
Comportamento e ecoloxía miniatura|Chersophilus duponti duponti É unha ave de áreas abertas areosas semidesertas ou estepas con algo de herba. É unha especie moi tímida que corre a agocharse cando a molestan. É difícil de ver cando corre entre a vexetación pero ás veces emite as súas cancións, de pé sobre un arbusto baixo. Aliméntanse de sementes e insectos.
Reprodución Fan o niño no chan, no que poñen de tres a catro ovos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Idade e sexo nesta ave de Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
Categoría:Aláudidos Categoría:Animais descritos en 1824