Cap'n Jazz (ás veces estilizado como caP'n Jazz) é unha banda estadounidense de emo procedente de Buffalo Grove, Illinois.
Historia Os irmáns Tim Kinsella e Mike Kinsella formaron a banda Toe Jam con Victor Villarreal e Sam Zurick en 1989, antes de cambiar finalmente o seu nome a Cap'n Jazz. A partir da influencia de bandas como Gauge e Fugazi, Cap'n Jazz gravou varios sinxelos para selos independentes a principios dos 90, ademais de contribuír a varios recompilatorios.
En 1995 a banda publicou o seu único álbum de estudio, Burritos, Inspiration Point, Fork Balloon Sports, Cards in the Spokes, Automatic Biographies, Kites, Kung Fu, Trophies, Banana Peels We've Slipped On and Egg Shells We've Tippy Toed Over, a través do selo Man with Gun Records. O álbum tamén é coñecido por Shmap'n Shmazz, impreso enriba no lanzamento en CD.
A banda separouse en xullo de 1995, pouco despois do lanzamento do álbum, na noite dun concerto no Das Yutes a Go-Go de Little Rock. En 1998 o selo Jade Tree montou un dobre disco retrospectivo de Cap'n Jazz titulado Analphabetapolothology, que compila todos os traballos gravados do grupo (agás "Naive", a súa canción no Achtung Chicago! Zwei): os seus primeiros sinxelos, material de lanzamentos compartidos, temas en recompilatorios, demos inéditas, descartes, e varias cancións do seu concerto de despedida en Chicago.
Post-ruptura e reunión Cap'n Jazz reuniuse no Empty Bottle de Chicago o 22 de xaneiro de 2010 como parte do programa de variedades Don't Mind Control de Joan of Arc. Despois de realizar un concerto breve e improvisado en Chicago, a banda tocou o seu primeiro concerto oficial reunida no festival anual de Forecastle en Louisville o 10 de xullo dese mesmo ano, e tocou en Chicago unha semana máis tarde no Bottom Lounge, promovendo a reedición en vinilo de Analphabetapolothology por Jade Tree Records, onde tiveron un grande éxito. Debido a que as entrada do concerto esgotáronse nunhas 48 horas, engadiuse unha segunda actuación na noite seguinte. Máis tarde, anunciouse que tamén tocarían concertos de reunión nos Estados Unidos durante o verán e o outono de 2010.
Máis recentemente, Cap'n Jazz incluíuse na programación do FYF Fest de 2017 no Exposition Park dos Ánxeles. Este foi o primeiro concerto da banda dende 2010. A aparición no FYF foi seguida de concertos en San Francisco, Chicago, Nova York e Londres, incluíndo unha aparición no Riot Fest 2017 en Chicago.
A banda tocou o seu primeiro concerto desde 2017 no Empty Bottle de Chicago o domingo 6 de outubro de 2024. A banda tamén se reuniu para o Best Friends Forever Fest en Las Vegas, Nevada, o 11 de outubro dese ano.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Burritos, Inspiration Point, Fork Balloon Sports, Cards in the Spokes, Automatic Biographies, Kites, Kung Fu, Trophies, Banana Peels We've Slipped On, and Egg Shells We've Tippy Toed Over 1995 Man With Gun Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Illinois Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 1989