The Last Temptation of Reid é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de hardcore punk Lard, publicado en setembro de 1990 a través do selo Alternative Tentacles.

O álbum inclúe unha versión de "They're Coming To Take Me Away, Ha-Haaa!", interpretada orixinalmente por Napoleon XIV, coa adición dunha parte de guitarra e unha estrofa extra (composta por Jello Biafra) á estrutura orixinal. O álbum tamén inclúe o tema "Forkboy" que foi usado na banda sonora do filme Asasinos natos e versionado por Flotsam and Jetsam (no seu álbum High) e a banda de rock industrialBlack Light Burns.

A versión en vinilo do álbum non inclúe o tema "I Am Your Clock", que no seu lugar foi editada nun sinxelo de 12" por separado.

O título do álbum é unha referencia á película de Martin Scorsese The Last Temptation of Christ. No libreto incluíuse un póster do filme co nome "Reid" pegado sobre o "Christ" do título. "Reid" refírese a Reid Hyams, quen gravou o primeiro EP do grupo, The Power of Lard, e era copropietario do estudio Chicago Trax. Pode verse unha foto de Hyams na contraportada da edición en vinilo e no libreto do CD.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Lard Categoría:Álbums musicais de 1990 Categoría:Álbums de Alternative Tentacles