Tartu é a segunda maior cidade de Estonia e capital do condado de Tartu. A cidade de Tartu ten unha poboación de 93.124 habitantes (2017) e unha superficie de 38,8 km². É a segunda cidade máis poboada do país, por detrás da capital Talín, e a oitava máis poboada no conxunto dos países bálticos.
O desenvolvemento de Tartu estivo ligado á propia historia do sur de Estonia. A primeira mención data de 1030 e fai referencia a «Iúriev», unha fortaleza controlada pola Rus de Kíiv. Nas cruzadas bálticas de comezos do século XIII, dita fortaleza foi capturada polos Irmáns Livonios, renomeada «Dorpat» e convertida na capital do bispado de Dorpat (1224-1558). Posteriormente estivo baixo control da República das Dúas Nacións, o imperio sueco e o Imperio ruso, até que Estonia proclamou a súa independencia en 1919 e impuxo o topónimo actual.
Tartu considérase a capital cultural e intelectual do país, ó posuír a universidade máis antiga e prestixiosa do país, a Universidade de Tartu, fundada en 1632 por Gustavo II Adolfo de Suecia e principal academia do país. Desde a década de 1960 até a súa morte en 1993 foi catedrático desta universidade o semiólogo Iurii Lotman, cofundador da Escola Tartu-Moscova. Durante o nacionalismo romántico, os intelectuais estonianos organizaron a primeira edición do Festival da Canción de Estonia —actualmente en Tallin— e a primeira representación teatral en lingua estoniana. Hoxe en día a cidade acolle o Ministerio de Educación e Investigación, a Corte Suprema, o Museo Nacional de Estonia, o Museo da Literatura de Estonia e o observatorio de Tartu.
Outros nomes históricos da cidade inclúen o alemán Dorpat (do século XIII) e o ruso Yuryev (Юрьев, dende 1030) e Derpt (Дерпт).
Etimoloxía O topónimo estoniano «Tartu» é oficial desde 1918 e provén do nome que os primeiros nativos lle deron á fortificación sobre o coto do río Emajõgi: Tarbata, Tharbata, Tharbete e incluso Darbete. A súa orixe non está clara: varía entre unha referencia ao touro (en estoniano, tarvas) e outra ao deus mitolóxico Tharapita (en estoniano, Taara). O termo en latín é «Tarbatum».
Tamén ten outros nomes históricos noutras linguas. O máis estendido é o xermano «Dorpat», unha variante do latín actualmente en desuso pero que foi oficial desde 1224 até 1721. En tempos do Imperio ruso utilizouse o topónimo «Derpt» (Дерпт, 1721-1893) e «Iuriev» (Юрьев, 1893-1918), este último recoñecido na primeira mención escrita da vila.
Poboación
Segundo o censo da European Statistical Office no ano 2005, a poboación de Tartu estaba composta por: estonianos 80,1 %; rusos 15,8 %; ucraínos 1,2 %; finlandeses 1,1 %; Outros 1,8 %.
Cidades irmás 20px Bærum, Noruega 20px Deventer, Países Baixos 20px Ferrara, Italia 20px Fredriksberg, Dinamarca 20px Hafnarfjörður, Islandia 20px Hämeenlinna, Finlandia 20px Kaunas, Lituania 20px Lüneburg, Alemaña 20px Pskov, Rusia 20px Riga, Letonia 20px Salisbury, Estados Unidos 20px Tampere, Finlandia 20px Turku, Finlandia 20px Uppsala, Suecia 20px Veszprém, Hungría 20px Zutphen, Países Baixos
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ponte de pedra de Tartu Casa do Concello de Tartu Igrexa de San Xoán de Tartu Museo de Arte de Tartu
Ligazóns externas Páxina oficial de Tartu
Categoría:Cidades de Estonia Categoría:Tartu