Joel Roca Casals, nado en Camprodon o 7 de xuño de 2005, é un futbolista español que xoga principalmente como extremo esquerdo no Mirandés, da Segunda División, cedido polo Girona.

Traxectoria Nacido en Camprodon, formouse como futbolista nas canteiras do UE Campodron, o FC Barcelona e o Girona. En setembro de 2021, con só 16 anos, debutou co filial deste último na Terceira División RFEF.

O 26 de agosto de 2022 debutou co primeiro equipo do Girona na Primeira División, nun partido ante o Celta de Vigo. En agosto de 2023, pouco despois de recuperarse dunha lesión muscular no bíceps femoral, sufriu unha grave lesión nun xeonllo que o mantivo apartado dos terreos de xogo durante toda a tempada 2023/24.

En agosto de 2024, tras recuperarse totalmente, foi cedido ao Mirandés, da Segunda División.

Notas

Categoría:Nados en 2005 Categoría:Nados en Camprodon Categoría:Futbolistas de Cataluña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Girona FC Categoría:Xogadores do CD Mirandés