Alpha Games é o sexto álbum de estudio da banda inglesa de indie rock Bloc Party, publicado o 29 de abril de 2022 a través do selo Infectious Music. Trátase do seu primeiro álbum dende o Hymns de 2016 e tamén o primeiro coa batería Louise Bartle, que se uniu á banda despois de que se gravasen as pistas de batería en Hymns. É tamén o primeiro disco do grupo cunha aportación significativa de Bartle e o baixista Justin Harris ás composicións, xa que Hymns fora principalmente escrito polo vocalista Kele Okereke e o guitarrista Russell Lissack. Este fi o derradeiro álbum de Harris con Bloc Party, xa que marcharía en 2023.
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Bloc Party Categoría:Álbums musicais de 2022 Categoría:Álbums de Infectious Music