Na mitoloxía grega, Menecio (en grego antigo: Μενοίτιος/Menoítios) é o nome de varios personaxes.
Menecio, un titán, fillo de Xapeto e Clímene ou Asia, e irmán de Atlas, Prometeo e Epimeteo. Morreu alcanzado por un raio que lle lanzou Zeus na Titanomaquia e foi encerrado no Tártaro. Menecio, fillo de Áctor e Egina, medio irmán de Éaco e marido de Polimela, con quen foi pai de Patroclo. Viviu en Opunte e formou parte da expedición dos Argonautas. Algunhas versións afirman que a súa nai era Damocrateia, unha filla de Egina, e no canto de Polimela chaman á súa esposa Esténela ou Periapis. Cando Patroclo matou durante uns xogos ao fillo de Anfidamante, Menecio fuxiu con el á corte de Peleu en Ftia, onde foi educado. Menecio foi amigo de Heracles. Menecio ou Menetes, un fillo de Ceutónimo, gardián dos rabaños de Hades.