Cándida Xu (chinés tradicional: 許/徐 甘弟大; pinyin: Xǔ/Xú Gāndìdà; Wade-Giles: Hsü3/Hsü2 Kan1-ti4-ta4), nada o 4 de setembro de 1607 e finada o 24 de xullo de 1680, foi unha católica chinesa de finais da dinastía Ming e comezos da Qing. Descrita como "quizais a cristiá chinesa máis influente do século XVII", foi a primeira muller chinesa en aprender latín da que se ten constancia.

Traxectoria Nada durante a festa de Santa Cándida a Vella, da que recibiu o seu nome, Xu era a neta de Xu Guangqi (1562-1633), quen se convertera ao cristianismo catro anos antes.

Dende moi nova, amosou unha fonda devoción relixiosa. Viúva aos 46 anos, dedicouse dende entón a servir á Igrexa. Malia pertencer á clase alta, divulgou a doutrina cristiá na China. Grazas á influencia do seu pai e mais do seu fillo, conseguiu beneficios para as misións xesuítas por parte dos funcionarios locais.

Xa que posuía gran patrimonio privado, fixo grandes doazóns para facilitar a estancia dos misioneiros, así como para a construción de preto de corenta igrexas e capelas. Tamén axudou á publicación de moitos textos relixiosos en lingua chinesa. Por outra banda, contribuíu á procura de sobreviventes cristiáns da Igrexa de Sichuan tras a revolta de Zhang Xianzhong.

Xu liderou ás mulleres cristiás da zona de Shanghai, entre as que se atopaban as súas propias fillas. Organizou o tecido de teas e bordados, cos que obtiveron máis ganancias para o labor dos misioneiros.

Na súa época, foi denominada a Apóstolo da China. A súa historia tivo moito éxito en Europa grazas a unha biografía de Philippe Couplet, o seu confesor.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Finados en 1680 Categoría:Nados en 1607 Categoría:Filántropos