En aritmética, a división longa é un algoritmo para dividir dous números, obtendo o cociente un díxito de cada vez. A implementación dun proceso de división estándar permite atopar cocientes entre números arbitrariamente grandes, sen ter que recorrer a táboas cos resultados. Existen numerosas variantes dependendo da disposición particular dos elementos da división. O termo tamén se usa para referirse á división longa polinomial.
A división longa é un algoritmo que "separa" ou "descompón" o problema tradicional da división euclidiana, é dicir, o dun número enteiro a (chamado dividendo) por un enteiro b (o divisor) para obter o cociente e o resto. O algoritmo descompón o problema de división orixinal en varios pequenos problemas cunha solución metódica, cuxa resolución se basea en táboas de multiplicación ou división. A aplicación destes algoritmos, con algunhas variantes, é o que comunmente se chama realizar unha división.
Método usual na Galicia: método de potencia O dividendo escríbese na parte superior esquerda e o divisor na parte superior dereita. O cociente constrúese paso a paso e escríbese debaixo do divisor. Existen basicamente dúas variantes, unha longa e outra curta, dependendo de que os sucesivos restos e dividendos sucesivos se escriban ou non expresamente baixo o primeiro dividendo.
Variante longa No seguinte exemplo calcúlase cada múltiplo e despois o resto, realizando a resta indicada. En cada etapa ao resto obtido na etapa anterior se lle adxunta a seguinte cifra do dividendo (úsase o termo "baixar" a seguinte cifra).
Exemplo : División de 6359 por 17. Etapa 1 : división de 63 entre 17 635 917 - 5 1 3 1 2
Etapa 2: división de 125 entre 17 635 917 - 5 1 37 1 25 - 1 1 9 6
Etapa 3 : división de 69 entre 17 635 917 - 5 1 374 1 25 - 1 1 9 6 9 -6 8 1
Resultado : Na división de 6359 por 17 o cociente é 374 e o resto é 1.
Outras notacións Nos países de fala inglesa vaise colocando o resultado na parte superior.
Exemplo : División de 500 por 4. 1 2 5 (Detalles) 4) 500 4 (4 × 1 = 4) 1 0 (5 - 4 = 1 ) 8 (4 × 2 = 8) 2 0 (10 - 8 = 2 ) 20 (4 × 5 = 20) 0 (20 - 20 = 0)
Resultado : Ao dividir 500 por 4, o cociente é 125 e o resto é 0.
Xeneralización
Números decimais O algoritmo da división longa xeneralízase ao caso dos números decimais; o paso do punto decimal ao dividendo induce a aparición do punto decimal no cociente.
Exemplo : división de 63,59 por 17 polo método de potencia (resuelto como a división de 6359 por 17). 6 3 , 5 9 17 1 23 6 3 , 5 9 17 1 2 , 5 3.7 6 6 3 , 5 9 17 1 2 , 5 3,74 6 9 1 O mesmo algoritmo permite estender o proceso máis aló do separador decimal e obter un valor aproximado do cociente con tantas cifras decimais como se desexe se non ten división exacta, só debemos incluír ceros na parte dereita final do dividendo.
Polinomios A xeneralización da división longa de polinomios chámase división polinomial. Notas
Véxase tamén
Bibliografía Matemáticas 3 da ESO (Marea Verde) Outros artigos División (matemáticas). Aritmética modular Ligazóns externas
Categoría:Álxebra