Thalasseus é un xénero de aves que contén oito especies de carráns con crista da familia Laridae.
Está distribuído por todo o mundo, e moitas das súas especies son abundantes e ben coñecidas nas súas áreas de distribución. Este xénero foi creado orixinalmente por Friedrich Boie en 1822, pero despois foi abandonado (as especies estaban situadas no xénero Sterna) ata que un estudo xenético de 2005 confirmou a necesidade de separar este xéneo de carráns con crista dos outros carráns e recuperouse o xénero Thalasseus.
Estes grandes carráns reprodúcense en colonias moi densas nas costas e illas, e excepcionalmente terra dentro en lagos de auga doce axeitados preto da costa. O seu niño é unha escavación no chan. Os carráns Thalasseus aliméntanse mergullándose directamente para capturar peixes. O macho ofrece peixes á femia como parte do cortexo. Teñen bicos agudos longos e delgados, xeralmente de cor de tons amarelos ou alaranxados agás no caso do T. sandvicensis e o T. acuflavidus, que teñen bicos negros con punta amarela na maioría das subespecies. Todas as especies teñen unha crista espeluxada. En inverno, as súas frontes vólvense de cor branca.
Taxonomía O xénero Thalasseus foi creado polo zoólogo alemán Friedrich Boie en 1822. Designouse posteriormente como especie tipo o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis, antes Sterna cantiaca). O nome xenérico significa en grego antigo 'pescador' e deriva de thalassa, 'mar'.
Lista de especies
O xénero contén oito especies:
Imaxe Nome Nome común Distribución120px Thalasseus maximus Carrán real americano Costas de América, desde Virxinia, Estados Unidos a Chubut, Arxentina polo leste, e desde California ata o sur do Perú polo oeste.120px Thalasseus bergii Desde o sur de África arredor do océano Índico ata o Pacífico central e Australia.120px Thalasseus bengalensis Carrán bengalés Mediterráneo sur e mar Vermello a través do océano Índico ata o Pacífico oeste e Australia, tamén como invernante nas costas de África occidental cara ao sur ata Senegal.120px Thalasseus albididorsalis Carrán real africanoCostas de Mauritania a Guinea, e de invernada polo norte ata Marrocos e polo sur ata Angola.120px Thalasseus bernsteini Provincia de Fujian, China, e de invernada cara ao sur ata Filipinas.120px Thalasseus sandvicensis Carrán cristado Do norte de Europa ata o Mediterráneo, mar Negro e mar Caspio, e de invernada polo sur ata o sur de África e Sri Lanka.120px Thalasseus acuflavidus Costa leste de América desde Nova Jersey e cara ao sur ata Chubut, Arxentina, pasando tamén o inverno na costa do Pacífico.120px Thalasseus elegans Carrán eleganteSur de California, Estados Unidos e oeste de México e de invernada polo sur ata o Perú, Ecuador e Chile.
Un fragmento de óso fósil do Plioceno temperán atopado no noroeste dos Estados Unidos lembra moi estreitamente un moderno carrán real americano. Pode ser un espécime inesperadamente temperán (de hai 3,7–4,8 millóns de anos) desa especie, ou un membro ancestral do grupo dos carráns con crista.Olson, S., Rasmussen, P.C. "Miocene and Pliocene birds from the Lee Creek Mine, North Carolina" in Ray, C. E. & Bohaska, D.J. (2001). "Geology and Paleontology of the Lee Creek Mine, North Carolina, III." Smithsonian Contributions to Paleobiology 90: 233-365.
Notas