Jonathan Nez, nado en Tuba City o 26 de maio de 1975, é un político navagho que serviu como o 9º Presidente da Nación Navagho dende 2019 até 2023. Anteriormente fora vicepresidente e delegado do Consello da Nación Navagho.

A comezos da súa carreira, Nez serviu como delegado do Consello Navagho representando a Tsah Bii' Kin, Navajo Mountain, Shonto e Oljato. En 2024, gañou a candidatura demócrata (non disputada) para representar o 2º distrito do Congreso de Arizona, converténdose no "primeiro candidato político indíxena de Arizona en conseguir un nomeamento dun partido importante para un escano no Congreso", mais perdeu fronte o republicano Eli Crane nas eleccións xerais.

Traxectoria Nez naceu en Tuba City, Arizona, e asistiu ao Northland Pioneer College e á Universidade do Norte de Arizona (NAU). Obtivo unha licenciatura en ciencias políticas e un mestrado en administración pública pola NAU.

Carreira política miniatura|Nez xunto acon Jake Steinfeld durante a cerimonia de entrega de premios en 2016.|esquerda A principios da súa carreira, Nez serviu como vicepresidente de Shonto. Tamén serviu como delegado do Consello da Nación Navajo, onde representou a Oljato, Ts'ah Bii' Kin, Navajo Mountain e Shonto.

En 2015, foi elixido Vicepresidente da Nación Navajo nunha candidatura liderada por Russell Begaye. Xurou formalmente o seu cargo o 12 de maio de 2015.

Nas eleccións do 6 de novembro de 2018, Nez foi elixido Presidente da Nación Navagho por unha marxe do 33,07% dos votos fronte ao expresidente Joe Shirley Jr. Shirley recibira o respaldo de Begaye e tamén contaba cun gran recoñecemento debido ao seu antigo mandato.

Como presidente, Nez supervisou a resposta da Nación Navajo á pandemia de COVID-19. En setembro de 2021, a taxa de vacinación contra a COVID-19 da Nación Navajo era meirande ca na maioría das outras partes de Arizona.

Nez presentouse de novo á reelección en 2022, perdendo contra Buu Nygren. Durante a campaña, Nez aprobou a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo na Nación Navagho.

Nez foi un dos primeiros partidarios da campaña presidencial de Hillary Clinton en 2016 e formou parte do Consello de Liderado de Arizona de Hillary for America.

Nez foi escollido como un dos dezasete oradores para pronunciar conxuntamente o discurso principal na Convención Nacional Demócrata de 2020. Foi un dos electores por Arizona en 2020 para as eleccións presidenciais.

O 16 de outubro de 2023, Nez anunciou a súa candidatura para o 2º distrito do Congreso de Arizona, en poder do republicano Eli Crane.

Incidente de atropelo en 2022 Nez e a súa familia case foron atropelados por un todoterreo cando este atravesou un desfile en Gallup, Novo México. En total, quince persoas resultaron feridas. Nez máis tarde reflexionou sobre o evento dicindo "poderías pensar que nunca pasaría aquí. Lamento dicir que pasou aquí en Gallup, Novo México", e "foi un momento difícil para nós".

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Pobo navagho Categoría:Presidentes da Nación Navagho Categoría:Vicepresidentes da Nación Navagho