Jaime Vicente "Jayvee" Gayoso, nado en Filipinas o 9 de abril de 1966, é un ex xogador de baloncesto e comentarista deportivo filipino.

Traxectoria Fillo do xogador de baloncesto Poch Gayoso, xogou ao baloncesto universitario nas filas do Ateneo Blue Eagles, onde compartiu equipo con Danny Francisco, Eric Reyes a futura estrela da PBA Olsen Racela e o MVP da UAAP, Jun Reyes. En 1987 gañou o campionato contra o UE liderado por Jerry Codiñera e en 1988 contra o La Salle de Dindo Pumaren.

No draft de 1991 foi seleccionado por Ginebra, equipo no que militou ata 1998. Máis tarde xogou no Tanduay Rhum Masters.

Trala súa retirada exerceu como adestrador do Rizal Crusaders entre 2019 e 2020. Tamén iniciou unha carreira como actor, aparecendo en varios filmes.

Vida persoal Casou coa xogadora de voleibol Jinggay Antonio-Gayoso, coa que foi pai do tamén futbolista Jarvey Gayoso.

Notas

Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Filipinas