Ludwig Oswald Wenckebach, nado en Heerlen, provincia de Limburgo, o 16 de xuño de 1895 e finado en Noordwijkerhout, Holanda Meridional, o 3 de novembro de 1962, foi un escultor, pintor, deseñador de moedas, selos e medallas, e profesor universitario neerlandés.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Ludwig Oswald Wenckebach naceu en 1895 en Heerlen, Limburgo,"Wenckebach". En Oosthoek Encyclopedie (ensie.nl)."Wcnckebach , l°". En Katholieke Encyclopaedie. Vol. IV-V. Ámsterdam. 1938. Páxinas 115-116."Oswald Wenckebach". Netherlands Institute for Art History (RKD.nl). no seo dunha familia de orixe alemá,Boyens, J. (1982). Páxina 670, 677. fillo de Catharina Hennij e do recoñecido cardiólogo e anatomista Karel Frederik Wenckebach.Scheen, P. A. (1994).

Na súa infancia, Wenckebach amosou bos dotes para o debuxo, polo que o ilustrador, litógrafo e gravador Cornelis Veth, amigo da familia, convenceu os seus pais de que se formase en debuxo. Así as cousas, recibiu a súa primeira formación artística na Escola de Arquitectura, Artes Decorativas e Oficios de Heerlen, entre 1913 e 1915, onde tivo como mestre, entre outros, o pintor Ludwig Willem Reymert Wenckebach (1860-1937), que era tío seu. Seguidamente asistiu á Academia de Belas Artes de Viena, en Austria, de 1915 a 1918.

Traxectoria artística Concluído o seu período formativo, a partir de 1918 estableceuse sucesivamente en Noordwijk, Schoorl e Noordwijkerhout.Boyens, J. (1982). Páxina 677.

Iniciouse na produción artística como artista gráfico e nesta primeira etapa expuxo predominantemente xilografías, litografías e augafortes, ata 1927. Viaxou a Curaçao e a Venezuela, e durante uns anos residiu tamén en Grecia, onde ficou impresionado pola escultura grega antiga, o que o motivou para se dedicar principalmente a esta disciplina no futuro, sobre todo en pedra e en bronce, relegando a pintura, coa que comezara a súa produción artística."Prometheus". Delta.tudelft.nl

miniatura|esquerda|Monsieur Jacques (1956), Rotterdam.

Como escultor destacan as súas creacións de monumentos de guerra e os seus bustos-retrato de persoas do seu círculo e de personaxes neerlandeses (Philips van Marnix,"Medal - Philips van Marnix 400th Anniversary". Numista.com Frits Philips, o arquitecto Berlage, a máscara de Albert Verwey, Monsieur Jacques...).Boyens, J. (1982). Páxina 671, 677. Tamén é salientable o seu labor de restauración de edificios monumentais.

En 1935, Wenckebach foi contratado como profesor de Modelaxe e Escultura na Universidade de Tecnoloxía de Delft.

Logo da segunda guerra mundial, en 1945 foi designado membro da Comisión Central de Monumentos Conmemorativos da Guerra ou a Paz, para a colocación de monumentos de guerra nos Países Baixos en conmemoración das persoas que resultaron mortas ou feridas na contenda."Benoemingen, ontslag enz." En Nederlandsche Staatscourant. Nº 138. 21 de decembro de 1945.

En 1955, Wenckebach foi recoñecido co título de cabaleiro da Orde do León Neerlandés. O ano seguinte recibiu un premio do municipio de Eindhoven pola súa estatua Monsieur Jacques.

Vida persoal Oswald Wenckebach casou en 1919 coa artista téxtil Louise Petronella Lau, a quen coñecera como compañeira de estudos na escola de Heerlen, e con ela tivo tres fillas, dúas delas as tamén artistas Loes van der Horst e Karla Wenckebach. Logo de se divorciaren en 1933, casou en segundas nupcias con Ems van der Hoeven, en 1934.Hafting, P.; Hoekstra, F. et al. (2011). Deste segundo matrimonio tivo un fillo que máis tarde sería arquitecto.

Wenckebach finou o 3 de novembro de 1962, en Noordwijkerhout, Holanda Meridional.

Obra A obra escultórica de Wenckebach inventariada abrangue polo menos 274 esculturas, entre elas 38 monumentos públicos, 37 obras de arte aplicada e 73 bustos de retrato. Ademais, realizou polo menos 17 debuxos a pluma. Entre outros, hai obras súas no Museo Kröller-Müller, no Museo Boymans-Van Beuningen e no Museo Británico.

Wenckebach tamén deseñou un gran número de insignias e medallas, así como as series de moedas dos Países Baixos posteriores á segunda guerra mundial, cos bustos das raíñas Guillermina (1890-1948) e Xiana (1948-1980), que tamén apareceron nas moedas de Curaçao e das Antillas Neerlandesas. Do mesmo xeito, ocupouse do deseño da primeira serie de moedas de Indonesia logo da súa independencia dos Países Baixos en 1949, emitidas entre 1951 e 1954 e cuñadas igualmente na Real Casa da Moeda dos Países Baixos."Ludwig Oswald Wenckebach". Numista.com

Oswald Wenckebach foi tamén o deseñador de catro selos de correos, emitidos en 1928 con motivo da celebración dos Xogos Olímpicos de Verán nos Países Baixos."Oswald Wenckenbach". Colnect.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Boyens, J. (1982). "Beelden van Oswald Wenckebach". En Ons Erfdeel. Vol. 25. Páxinas 670-677. Hafting, P.; Hoekstra, F. et al. (2011). Oswald Wenckebach [Monografieën van het Sculptuur Instituut.Wbooks]. Zwolle. ISBN 90-400-7825-4 Reichel, A. (1925). "Oswald Wenckebach". En Die graphischen Künste. Vol. 48. Nº 4. Viena. Páxinas 90-96. Scheen, P. A. (1994). Lexicon Nederlandse beeldende kunstenaars 1750-1950. Vol. II. 2ª ed. A Haia. 2. Páina 578. ISBN 90-6522-014-3 "Wenckebach". En Oosthoek Encyclopedie (ensie.nl). "Wenckebach , l° Lodewijk Otto". En Katholieke Encyclopaedie. Vol. IV-V. Ámsterdam. 1938. Páxinas 115-116. Tilanus, L. (1988). "De beeldhouwer Oswald Wenckebach: een plaatsbepaling". En Leids Kunsthistorisch Jaarboek 7. Páxinas 162-182.

Ligazóns externas

Obras escultóricas de Ludwig Oswald Wenckebach

Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Nados en Limburgo, Países Baixos Categoría:Escultores dos Países Baixos Categoría:Pintores dos Países Baixos Categoría:Deseñadores de moeda dos Países Baixos Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Profesores da Universidade de Tecnoloxía de Delft