A mámoa de Xirazga é un monumento megalítico situado na carballeira de San Domingos, na parroquia de Xirazga do concello de Beariz.
Considerada como a mámoa mellor coidada da Comarca do Carballiño, sinalizouse e limpouse no ano 2003.
Descrición Túmulo de pedras e terra con cráteres de violación duns 7 metros de diámetro e uns 150 centímetros de profundidade que pode chegar ao paleochan da mámoa.
Presenta dous cantos in situ e dous desprazados.
Podería ter tamén unha posible cámara poligonal cun corredor para o seu acceso.
Ten unha superficie de 269 metros cadrados e unha altura de 195 centímetros.
Notas
Categoría:Mámoas
Categoría:Beariz
Categoría:Sitios arqueolóxicos de Galicia