Moeda de 25 cents daocupación alemá dos Países Baixos "25 Cents - German Occupation". Numista.com160x160px160x160px A/: Barco viquingo no mar. Lenda: NEDERLAND. R/: Valore facial e data entre dúas pólas. Data. Lendas: 25 CENTS Datas: 1941-1943. Período: Ocupación alemá dos Países Baixos (1940-1945) Ceca: Real Casa da Moeda dos Países Baixos. Deseñador: Nico de Haas. Metal: cinc. Diámetro: 26 mm. Peso: 5 g. Espesor: 1,50 mm. Canto: liso.

A moeda de 25 cents dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1943 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.

Caracterización A moeda cuñouse en cinc nos anos 1941, 1942 e 1943, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da cuarta parte do florín neerlandés.

.A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas dun cent, 2½ cents, 5 cents e 10 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas."Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).

A súa tiraxe total foi de 76 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:

1941: 34.600.000 pezas. 1942: 27.800.000 pezas. 1943: 13.600.000 pezas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Krause, C. L.; Mishler, C. (1972). World Coins. 1ª ed. Crause Publications. Páxina 505.

Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas divisionarias