miniatura|265x265px|Posible extensión da Celtiberia. A Celtiberia foi un territorio cambiante, ao longo do período descrito polos autores grecolatinos, que abarca as guerras de conquista e o posterior proceso de romanización.Diodoro, Apiano e Marcial crían que os celtiberos eran unha mestura de celtas e iberos, mentres que, para Estrabón, prevalece o primeiro compoñente. Para tentar abordar a súa delimitación xeográfica, teremos que ter unha visión conxunta da Céltica hispana, moito máis ampla que a Celtiberia.

Durante a Idade de Ferro, a Península Ibérica indoeuropea unificouse polo desenvolvemento das habilidades metalúrxicas, a lingua e un réxime de subsistencia máis ou menos pastoril, aínda que dividida en varios grupos culturais, con culturas materiais independentes e cronoloxías diferentes. O celtismo peninsular é, pois, un crebacabezas que inclúe diferentes comunidades.

Por tanto trátase sobre todo de delimitar un ámbito xeográfico, pero sobre todo etnocultural, que diferencian a Celtiberia doutros pobos co mesmo patrón cultural e lingüístico. Este territorio está formado polas actuais provincias de Soria, Segovia, Burgos, Guadalaxara, Teruel, Cuenca e Zaragoza.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Serranía Celtibérica