O voo 5960 de Swiftair (operando como voo 18D de European Air Transport Leipzig) era un voo internacional de carga que se esnafrou a primeira hora da mañá do 25 de novembro de 2024 durante a aproximación final ao aeroporto de Vilniust. O avión, que voaba dende o aeroporto de Leipzig/Halle en Leipzig, Alemaña, ata o de Vilnius en Lituania, chocou contra o chan preto da pista ao carón dunha casa de dous pisos en Liepkalnis. Un membro da tripulación morreu e os outros tres resultaron feridos. Ninguén en terra recibiu feridas de ningún tipo.

Avión O avión implicado era un Boeing 737-400SF de 31 anos de idade con rexistro EC-MFE. Estaba equipado con dou motores CFM International CFM56-3C1. O aparello estaba operado pola aeroliña española Swiftair en nome de DHL.

Accidente O avión engalou do centro de conexións de DHL no aeroporto de Leipzig ás 02:08 UTC (03:08 local) do 25 de novembro. O accidente ocorreu ás 03:28 UTC (05:28 local) cando o aparello realizaba a aproximación final ao aeroporto de Vilnius. O aparello tocou terra pouco antes da pista, deslizándose e impactando contra unha casa de dous pisos no barrio de Liepkalnis, a uns 1,3 km ao norte do aeroporto e incendiouse afectando o lume á casa. Un dos dous pilotos, un cidadán hispano-francés, morreu no impacto, mentres que os outros tres tripulantes resultaron feridos. Posteriormente foron identificados como cidadáns de España, Alemaña e Lituania. O tripulante español resultou ferido de gravidade, mentres que os outros dous tiñan feridas menos graves. O persoal de emerxencias atribuíu a súa supervivencia a que a cabina da aeronave quedou separada tras o impacto da fuselaxe, que se incendiou. O piloto foi trasladado a España para ser atendido.

Os 13 ocupantes da casa foron evacuados con seguridade. Pecháronse varias estradas en Liepkalnis, mentres que as autoridades instaron á xente a non viaxar á zona. Varios edificios e un coche tamén foron golpeados polo avión.

Notas

Swiftair Categoría:Accidentes e incidentes de Boeing 737 Categoría:Accidentes aéreos en Lituania Categoría:Accidentes e incidentes de Swiftair