Os incendios forestais ibéricos de outubro de 2017 foron unha serie de máis de 7.900 incendios forestais que afectaron o noroeste da Península ibérica, en particular o norte de Portugal, Galiza e Asturias entre o 13 e o 18 de outubro. Os incendios forestais cobráronse a vida de polo menos 49 persoas, 45 delas en Portugal e 4 en Galiza.

Os primeiros incendios comezaron o 13 de outubro ou antes en Galiza (véxase vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia). O presidente do Goberno de España, Mariano Rajoy, e o secretario de Estado de Administración Interna de Portugal, Jorge Gomes, consideraron que a maioría dos incendios foron acesos por incendiarios. O 15 de outubro de 2017 aumentaron os ventos, debido en parte ao paso dofuracán Ophelia entre os Azores e a península, que axudou a avivar os incendios forestais.

En Portugal, no seu peor día, os bombeiros loitaron contra máis de 440 incendios. O país buscou axuda dos veciños europeos e de Marrocos. A ministra portuguesa de Administración Interior, Constança Urbano de Sousa, que dimitiu como consecuencia, dixo "Temos a todos os nosos bombeiros aí fóra facendo todo o que poden".[ cómpre referencia ]

Catro meses antes, os incendios forestais de Pegrógão Grande de xuño de 2017 causaran 66 mortos en Portugal, para un total de 115 mortes (111 delas en Portugal) entre os dous incidentes.

Consecuencias meteorolóxicas en Europa miniatura| Imaxe de satélite que mostra o fume dos incendios forestais en Galiza, Asturias e norte de Portugal o 15 de outubro, antes do furacán Ophelia.|esquerda A chegada de Ofelia levou po sahariano a partes do Reino Unido, dándolle ao ceo un aspecto laranxa ou amarelo-sepia, e ao sol un aspecto vermello ou roxo. Tamén se informou dun estraño cheiro a "queimado" en todo Devon, atribuído ao po e ao fume dos incendios forestais na Península Ibérica. Ventos de até 115 km/h foron observados en Orlock Head, condado de Down, no momento álxido da tormenta. Aproximadamente 50.000 fogares perderon a electricidade en Irlanda do Norte. Estímase que as reclamacións de seguros de Irlanda do Norte, Gales e Escocia alcanzaron os 5-10 £ millóns.

En Tallin, Estonia, produciuse unha choiva negra debido ao feito de que Ofelia dirixiu o fume e cinsa dos incendios a Estonia o noroeste peninsular así como o po do deserto do Sáhara, informa Report citando os medios de comunicación estonianos. "Ollamos as fotos dos satélites e o servizo meteorolóxico finlandés confirmou que o fume e cinsa dos incendios en Portugal e en parte o po do Sáhara chegaron até nós", dixo o meteorólogo Taimi Paljak.

Notas

Véxase tamén

Incendios forestal de Pedrógão Grande en 2017 Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia Incendios en Galiza

Categoría:Historia da Península Ibérica Categoría:Incendios forestais Categoría:Desastres naturais en Portugal Categoría:Desastres naturais en España