Moeda dun cent daocupación alemá dos Países Baixos "1 Cent - German Occupation". Numista.com100x100px100x100px A/: Cruz con círculos no medio e nos extremos. Fita debaixo coa lenda. Lenda: NEDERLAND. R/: Castro ondas e unha espiga á dereita. Data nunha fita. Valor facial. Marca de ceca no exergo. Lendas: 1 CT Datas: 1941-1944. Período: Ocupación alemá dos Países Baixos (1940-1945) Ceca: Real Casa da Moeda dos Países Baixos. Deseñador: Nico de Haas. Metal: cinc. Diámetro: 17 mm. Peso: 2 g. Espesor: 1,50 mm. Canto: estriado.
A moeda dun cent dos Países Baixos emitida entre os anos 1941 e 1944 é unha moeda con ese valor facial, cuñada no período de ocupación da Alemaña nazi durante a segunda guerra mundial.
Caracterización A moeda cuñouse en cinc ininterrompidamente entre os anos 1941 e 1944, na Real Casa da Moeda dos Países Baixos, co valor da centésima parte do florín neerlandés.
A moeda forma parte dunha serie que abrangue tamén as pezas de 2½ cents, 5 cents, 10 cents e 25 cents, todas elas cuñadas no mesmo metal e baixo o deseño do artista nacional-socialista local Nico de Haas."Nico de Haas". De Nederlandse Poëzie Encyclopedie (nederlandsepoezie.org).
A súa tiraxe total foi de 373,4 millóns de exemplares, coa seguinte repartición:
1941: 31.800.000 pezas. 1942: 241.000.000 pezas. 1943: 71.000.000 pezas. 1944: 29.600.000 pezas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Krause, C. L.; Mishler, C. (1972). World Coins. 1ª ed. Crause Publications. Páxina 501.
Categoría:Moedas dos Países Baixos Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas divisionarias