Un illante eléctrico, tamén chamado illador, é un material que non permite facilmente o fluxo de electricidade a través dunha corrente eléctrica. Os materiais que se usan normalmente para illar inclúen caucho, plástico e vidro. En transformadores e motores eléctricos úsase verniz. Nalgúns interruptores úsanse gases illantes como o hexafluoruro de xofre. Os arames, cables ou fíos que transportan correntes eléctricas adoitan estar illados para que a electricidade vaia ao lugar correcto.

Terminoloxía O termo "Illante" e o verbo illar derivan da palabra illa, e poden referirse a cousas que illan, ao material ou a algo feito deses materiais, como a cinta illante. En galego reintegracionista e portugués o termo que se usa é "isolante", derivado tamén de insula (illa) como o castelán (aislante), e a través do italiano ou do latín medieval insulatus pasou tamén a outras linguas como o inglés.

Tipos O tipo de illante dependerá dos usos. Os illantes teñen alta resistividade eléctrica e baixa condutividade. miniatura| Illante cerámico.|esquerda|300x300px Os illantes evitan a perda de corrente e fan que a corrente sexa máis eficiente concentrando o fluxo.

Composición

Están feitos de diversos materiais moi pouco ou nada condutores da electricidade, como:: vidro, silicona, caucho, plástico, aceite, madeira, algodón seco, cuarzo, cerámica, etc.

Dispositivos illantes A transmisión de enerxía eléctrica usa tres tipos de illantes aéreos: illante de pin, illante de suspensión e illante de tensión.

O illante pin (en portugués isolador de tipo pino, en inglés pin insulator) é o illante máis antigo desenvolvido. Os illantes tipo pin poden ter até tres partes, dependendo da cantidade de tensión.

O illante da suspensión é para tensións superiores a 33KV. Múltiples illantes están conectados en serie.

O illante de tensión é o mesmo que un illante de suspensión pero úsase horizontalmente, mentres que o illante de suspensión úsase verticalmente. O illante de tensión úsase para aliviar a tensión excesiva da liña, que ocorre cando hai un camiño sen saída ou unha curva pronunciada.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Cinta illante Corrente eléctrica Condutor eléctrico Electricidade Historia da electricidade Illa Illote Illamento Illamento térmico Illamento topográfico Illamento reprodutivo Resistencia eléctrica Semicondutor

Categoría:Electrónica Categoría:Electricidade Categoría:Materiais Categoría:Materiais cerámicos Categoría:Materiais de construción