Esta páxina contén a cronoloxía de Dragon Ball, os casos detallados pola Toei Animation no 7º daizenshuu, a cronoloxía oficial de Akira Toriyama da Shonen Jump e do libro Dragon Ball GT Perfect File 1. Mentres que se dan algúns acontecementos e personaxes non canónicos ó manga (Garlick Jr., Cooler, Paikuhan, Dragon Ball GT etc.), outros, coma o resto de personaxes de películas e a súa historia, saltáronse. Descoñécese a partir de que evento importante no seu mundo se numeran os anos.

Antes de Dragon Ball Hai aproximadamente 100 millóns de anos

Tense a primeira noticia da existencia do planeta de Kaiō Páxina = 16-17 que posteriormente sería destruído por Célula.

Hai aproximadamente 75 millóns de anos Rō Kaiō Shin, o Kaiōshin de hai 15 xeracións, é encerrado na espada Z.

Hai aproximadamente 5 millóns de anos O mago Bibidi crea o Máxico Boo. Tras isto, o diabólico ser aniquila centos de planetas nos anos seguintes. Ademais elimina dous dos 5 Kaiōshin. Ademais absorbe o Kaiō Shin do sur e o Dai Kaiō Shin, o que fai que mude a súa aparencia e obteña un chisco de bondade. Por isto, o incontrolado Bū é encerrado nunha esfera por Bibidi e agochada na Terra. O derradeiro Kaiōshin, o Kaiō Shin do leste, elimina Bibidi polo que a esfera é esquecida.

Hai aproximadamente 10000 anos Annin comeza o seu labor protexendo o Hakkero (八卦炉, Os oito fogos incandescentes) en Gokyōsan (五行山, Os cinco picos) —a montaña que se acha no límite entre Este Mundo e o Outro Mundo—, separando os dous mundos.

Ano -4237 Os devanceiros de Garlick Jr. diríxense á Terra, pois o planeta endiañado, Makyō (魔凶), aproxímase na súa órbita de 5000 anos ó punto máis preto ó mundo dos humanos.

Ano -739 A princesa serpe, Jadōshin (蛇道神), constrúe o seu palacio no camiño da serpe que conduce ó planeta de Kaiō.

Ano -251 Hildegan nace pola enerxía dos magos malignos no planeta Konats. Tapion e Minosha encerran a metade superior e a inferior do monstro nos seus corpos respectivamente coas frautas máxicas. Tapion e Minosha son encerrados en caixas de música e enviados a lados totalmente opostos do universo.

Ano -238 aproximadamente Comeza a aparecer unha lenda que fala sobre a futura aparición do Súper Saiyan Páxina = 76-77.

Ano cero Iníciase o calendario oficial de Dragon Ball que non ten equivalencia co noso calendario.

Ano 250 A sona de Uranai Baba comeza a medrar grazas ós seus poderes Páxina = 18-19.

Ano 261

Enma Daiō (xuíz dos mortos) diríxese ó planeta de Kaiō polo camiño da serpe para adestrar con el. Durante esta viaxe, a princesa serpe invítao ó seu palacio, e namórase de Enma. Asemade, acontecen as mudanzas climáticas no planeta Namek. O fillo de Katattsu foxe nunha nave cara á Terra.

Ano 430

Nace o Mestre Mutenroi ou xenio da tartaruga (Kamesennin), un dos futuros mestres de Son Goku.

Ano 431

O fillo de Katattsu convértese en discípulo do deus actual da Terra.

Ano 448

Mutaito comeza a adestrar o Mestre Mutenroi cando fai os 18 anos. El namórase de Fan-Fan.

Ano 459

Nace Tou Pai Pai, o irmán de Mestre Corvo.

Ano 461

Os devanceiros de Garlick volven ataca-la Terra e son detidos polo antigo deus. O fillo de Katattsu convértese no novo Deus da Terra despois de se dividir en dous. Deste xeito nace Kamisama (a parte boa) e Piccoro Daimaō (a parte má). Após unha tempada de terror e destrución, Mutaito consegue encerrar Piccoro coa técnica Mafuba aínda que morre acto seguido por utilizala.

Ano 474

Dabla visita por primeira vez a Terra para comprobar se hai perigo coa esfera que encerra o Boo.

Ano 550 APROXIMADAMENTE

Os Saiyans descobren unha nave espacial que caeu no seu territorio e que procedía do Planeta Plant.

Ano 553

O Mestre Mutenroi comeza a coleccionar revistas eróticas.

Ano 650 APROXIMADAMENTE

O Mestre Mutenroi atopa a Bóla do Dragón de 3 estrelas no fondo do mar.

Ano 650 - 7 DE MAIO

Celébrase o primeiro Torneo das Artes Marciais (Tenkaichi Budōkai).

Ano 658

Nace Son Gohanda que máis tarde sería o avó adoptivo de Son Goku.

Ano 662

Kamisama relata a Señor Popo o que lembra da súa infancia.

Ano 698

Nace o Xefe Coello (Toninjinka).

Ano 715

Nace o gran Rei Pilaf.

Ano 720 – 730 APROXIMADAMENTE

Os Saiyans únense cos guerreiros do planeta Plant e rebélanse contra a raza dos Tsufurs, coexistente coa súa e nomean ó planeta: Vexeta, nome do seu rei. Durante este período de conflitos, os Saiyans convertidos en Ōzaru, aniquilan por completo tódolos Tsufurs (ou case todos) xa que o científico Tsufur coñecido como Raichi morre loitando aparentemente pero consegue escapar igual có Dr. Myu. Finaliza a alianza co planeta Plant e os Saiyans inician a reconstrución da civilización e do planeta. Descobren a tecnoloxía Tsufur coa cal poderán viaxar a outros planetas e utilizar artefactos coma o Scouter, que pode medila forza de combate dos inimigos.

Ano 722

Nace o futuro membro da Red Ribbon, o xeneral Blue.

Ano 730

Tou Pai Pai convértese en asasino profesional.

Ano 731 APROXIMADAMENTE

O pobo Saiyan únese co tirano Freezer que lles fornece naves espaciais de longo percorrido sen ningún límite de movementos, e comezan a conquista de planetas que logo venderán a Freezer. O Rei Vexeta (o pai de Vexeta) accede ó trono.

Ano 732

Nacemento do príncipe Vexeta Páxina = 20-21.

Ano 733

Nacen Bulma, Yamcha, Lunch e Ten Shin Han.

Ano 733 - 8 DE MAIO

É elixido o rei da Terra.

Ano 735 APROXIMADAMENTE

Freezer comeza a teme-lo poder dos Saiyans e aumenta a súa desconfianza cara a eles. Ademais a lenda do Súper Saiyan fai que sinta temor cara a esta raza. Asemade, no planeta Vexeta algúns Saiyans comezan a sospeitar do seu «socio» Freezer.

Ano 736

Nacemento de Krilín.

Ano 737

Nacemento de Kakarotto (Son Goku). Os Saiyans invaden os planetas Karnage e Milt. O Rei Vexeta enfróntase a Freezer pero é derrotado e morre. Son Goku parte do planeta Vexeta camiño da Terra, para conquistala. O seu pai, Barduck, é asasinado por Freezer, que tamén destrúe o planeta Vexeta e os seus habitantes. Por outro lado nace Chichi, filla de Gyūmaō, e a súa nai morre.

Ano 737 - ENTRE XUÑO E AGOSTO

O vello Son Gohanda atopa Kakarotto, adóptao e decídelle chamar Son Goku.

Ano 738

Son Goku leva unha pancada na cabeza e esquece a misión pola cal fora enviado á Terra polos Saiyans: a aniquilación da Raza Humana e o control do planeta Terra para a súa posterior venda.

Ano 739

Gyūmaō e a súa pequena filla Chichi saen de pícnic e durante a súa ausencia, no seu castelo no monte Ryōkei (涼景山) cae un espírito de lume e a montaña álzase en chamas. Dende aquela será coñecido coma o monte Tixola (Monte Frypan).

Ano 740

Nacemento de Oolong. Krilín entra a estudar artes marciais no templo Ōrin (多林). Un organismo parasito con habilidades de control mental e coa memoria racial dos Tsufurs almacenada nel, chega ó planeta M-2. O Dr. Myu atopa o parasito e é asumido por el. El usa o coñecemento da tecnoloxía avanzada adquirido das memorias Tsufur para comeza-los proxectos para se apoderar do mundo.

Ano 743

Nace Puar.

Ano 747

Son Goku olla para a lúa chea e convértese nun gorila xigantesco debido ó efecto Ōzaru da súa raza e mata inconscientemente o seu avó adoptivo. Yamcha e Puar coñécense.

Ano 748

Morre o Fénix do Mestre Mutenroi por culpa dunha indixestión. Máis tarde, mentres apaña cogomelos atopa unha tartaruga bebé que se achaba perdida e que será a súa compañeira (Umigame).

Ano 749 - OS PRIMEIROS 10 DÍAS DE ABRIL

Bulma comeza as aulas no colexio da Capital do Leste Páxina = 22-23.

NALGÚN INTRE DO Ano 749

Bulma deixa de asistir á aula, xa que atopa no soto da súa casa a Bóla do Dragón de 2 estrelas.

Ano 749 - 22 DE AGOSTO

Bulma atopa nun val nunha cova do norte a Bóla do Dragón de 5 estrelas.

Dragon Ball Ano 749 - 1 DE SETEMBRO

Son Goku e Bulma coñécense. Bulma atopa a Bóla do Dragón de 4 estrelas e esclarécelle a Son Goku que a bóla non é o seu avó.

Ano 749 - 2 DE SETEMBRO

Á mañá, Son Goku e Bulma coñecen o Mestre Mutenroi e este dálles a Bóla do Dragón de 3 estrelas.

Ano 749 - 5 DE SETEMBRO

Son Goku descobre o engano de Oolong e recibe a Bóla do Dragón de 6 estrelas da avoa Paozu.

Ano 749 - 6 DE SETEMBRO

Son Goku e Yamcha coñécense.

Ano 749 - 9 DE SETEMBRO

Son Goku e Yamcha enfróntanse. O Mestre Mutenroi apaga o incendio do Monte Tixola (Flipan) coa súa Onda Vital (KameHameHa), aínda que destrúe a montaña e o castelo. Bulma recibe a Bóla do Dragón de 7 estrelas de Gyūmaō. Son Goku derrota a banda de terroristas de Toninjinka. Toninjinka e os seus esbirros son enviados á lúa. Pilaf róuballes as 6 bólas acadadas e encérraos no seu castelo. Xúntaas coa súa e o dragón Shenron é convocado. Son Goku olla a lúa chea e convértese en Ōzaru polo que dan escapado do castelo. Oolong pídelle ó dragón unhas bragas acabando cos plans de Pilaf de ser amo do mundo.

Ano 749 - 10 DE SETEMBRO

Son Goku e Krilín póñense ás ordes do Mestre Mutenroi despois de dar atopado a Lunch. Despois, Mutenroi move a súa casa a outra illa máis grande e Son Goku e Krilín prepáranse para un duro adestramento co mestre das artes marciais.

Ano 749 - 11 DE SETEMBRO

O Mestre Mutenroi, Krilín e Lunch sofren unha indixestión.

Ano 749 - 14 DE SETEMBRO

Son Goku e Krilín érguense ás 4:30 da mañá ansiosos de comeza-lo adestramento e despois de 8 horas xa saben o que é un adestramento.

Ano 749 - 2 DE OUTUBRO

Yamcha e Puar comezan a estudar no instituto da cidade do oeste.

Ano 750 - 6 DE ABRIL

Son Goku e Krilín realizan o seu adestramento cunha cuncha de tartaruga que pesa 40 quilos para aumenta-los resultados.

Ano 750 - 18 DE ABRIL

A Red Ribbon, co Coronel Silver comeza a procura das Bólas do Dragón.

Ano 750 - 6 DE MAIO

Son Goku e compaña saen da casa do Mestre Mutenroi (Kame House) camiño do Gran Torneo das Artes Marciais para participar na 21º edición.

Ano 750 - 7 DE MAIO

Comeza o 21avo Torneo das Artes Marciais. Son Goku e Yackie Chun (Mestre Mutenroi disfrazado) quedan finalistas, e nunha gran loita Son Goku convértese en Ōzaru pero Yackie Chun lanza unha Onda Vital á lúa e destrúea. Toninjinka e os seus esbirros morren no acto. Yackie Chun acábase proclamando vencedor do torneo e Son Goku queda finalista. Este último, Pilaf e a Red Ribbon dispútanse a Bóla do Dragón de 6 estrelas. A Red Ribbon é quen consegue a bóla na base de Pilaf no deserto. Tamén conseguen a Bóla do Dragón de 5 estrelas. Son Goku e Chichi encóntranse de novo na aldea de Gyūmaō.

Ano 750 - 8 DE MAIO

Son Goku derrota os ocupantes da Torre de Control (Muscle Tower) preto dunha aldea do norte e coñece o androide N.º 8.

Ano 750 - 9 DE MAIO, 11:02 da mañá

Son Goku pide o radar das Bólas do Dragón a Bulma. O xeneral Blue é lanzado fóra da Vila do Pingüín por Arale. O xeneral Blue é asasinado por Tou Pai Pai, coa lingua nunha demostración do seu poder, que derrota Son Goku e asasina o indio Bora. Son Goku decide subir á Torre Karin.

Ano 750 - 10 DE MAIO

As vacacións de verán comezan para o instituto de ensinanza secundaria da Vila do Pingüín. Son Goku alcanza o cumio da Torre Karín e coñece o mestre Karin (un gato) e comeza o seu adestramento, que consiste en collerlle a Auga Sagrada.

Ano 750 - 12 DE MAIO

Despois de tres días, Son Goku dá atrapado Karin, e sorpréndese ó saber que só era auga da billa. Pero Son Goku tornouse moito máis poderoso, polo que derrota Tou Pai Pai e acaba coa Red Ribbon. Despois, viaxa ó palacio de Baba a avedoira para que adiviñe onde se atopa a bóla que lle falta. Para isto ten que derrotar os mercenarios da bruxa onde se atopa co seu avó, o falecido Son Gohanda. A bóla tena Pilaf polo que recupéraa axiña e o Dragón Shenron é invocado e Bora é revivido.

Ano 750 - XULLO

A estación chuviosa comeza na aldea de Nam.

ENTRE O Ano 750 E O 753