Aghnatios Elias Yaacoub, nado o 27 de xuño de 1923 en Minya (Exipto) e finado o 12 de marzo de 1994, foi un relixioso xesuíta católico copto, bispo de Luxor dende 1986 até o seu pasamento. Traxectoria Naceu o 27 de xuño de 1923 en Minya (Exipto). O 9 de xuño de 1946 foi ordenado sacerdote da Compañía de Xesús.

O 19 de maio de 1983 foi nomeado bispo coadxutor de Asiut. Foi ordenado bispo o 24 de xuño de 1983 polo patriarca Estevo I, e tivo como co-consagradores ao bispo de Asiut Youhanna Nueir e ao de Luxor Andraos Ghattas.

O 15 de xullo de 1986 foi nomeado bispo de Luxor. Finou no cargo o 12 de marzo de 1994.

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Exipto Categoría:Finados en 1994 Categoría:Relixiosos católicos de Exipto Categoría:Xesuítas Categoría:Bispos católicos de Exipto Categoría:Bispos da Igrexa católica copta Categoría:Bispos católicos do século XX