196 mitr (en ) é un filme alxeriano de 2024 escrito, coeditado e dirixido por Chakib Taleb-Bendiab no seu debut como director. É unha coprodución internacional entre Alxeria, Tunisia, Francia e o Canadá, e está protagonizado por Meriem Medjkane, Nabil Asli e Hichem Mesbah. Gañou o Gran Premio na 28ª edición do Festival Internacional de Cinema de Rhode Island.
Foi escollido como candidato de Alxeria para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Dounia é unha psiquiatra profesional que, xunto co inspector de policía Sami, navega polas inquietantes sombras do pasado de Alxeria para desvelar o misterio da desaparición dunha nena.
Elenco
Meriem Medjkane Nabil Asli Hichem Mesbah Ali Namous Chahrazad Kracheni Slimane Benouari Mahfoud Berkane Aziz Boukrouni Hamida Aït el Hadj Brahim Derris Niddal El Mellouhi Mohamed Frimehdi Slimane Bourdous Souad Sebki
Produción A fotografía principal realizouse en xuño de 2022 en Alxer, Alxeria.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Alxeria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Alxeria Categoría:Filmes de Tunisia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes rodados en Alxeria