Yashan yev Leonid Brezhnevy (en ) é un filme armenio de 2024 escrito e dirixido por Edgar Baghdasaryan. Foi producido por Karine Simonyan. Está protagonizado por Mais Sarkisyan como un armenio retirado reticente a aceptar a disolución da Unión Soviética e imaxina conversas co antigo líder soviético Leonid Brezhnev e outros líderes comunistas.

Foi escollido como candidato de Armenia para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Yasha é un ancián e xubilado que lembra un dos momentos máis destacados da súa carreira: participar como delegado do Partido Comunista da Unión Soviética en 1976. Porén, o seu futuro parece repulsivo cando se enfronta á realidade da disolución da Unión Soviética e intenta aferrarse ao pasado. Como parte da súa incapacidade para o afrontar o presente, imaxina conversas políticas co antigo líder soviético Leonid Brezhnev e outras figuras comunistas destacadas. Ao mesmo tempo, Yasha xúralle lealdade, o que crea problemas para a súa familia.

Personaxes Mais Sarkisyan como Yasha Maksim Vitorgan como Leonid Brezhnev Lilit Salnazaryan como Valya Avital Lvova como Elena Ceausescu Georgy Engelgard como Fidel Castro Ruzanna Khachatryan Arsen Chachoyan Nazir Zhukov Samad Mansurov Irina Abrosimova Zita Badalyan

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Armenia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua armenia Categoría:Filmes de Armenia Categoría:Filmes de Rusia Categoría:Filmes rodados en Armenia Categoría:Filmes ambientados en Armenia