Khan Yunis (en ,lit. Caravasar [de] Yunis), tamén escrito Khan Younis ou Khan Yunus, é unha cidade palestina que serve como capital da gobernación de Khan Yunis, no sur da Franxa de Gaza. Foi destruída en gran parte debido ao conflito israelí-palestino de 2023.
Historia Antes do século XIV, Khan Yunis era unha aldea coñecida como "Salqah". Para protexer a caravanas, peregrinos e viaxeiros, o emir Yūnus an-Nūrūzī construíu alí un vasto caravasar, hoxe coñecido como castelo de Barquq, entre 1387 e 1388.Sharon, 1999, p. 228
Demografía Segundo a Oficina Central de Estatísticas de Palestina, Khan Yunis tiña unha poboación de 205 125 habitantes en 2017.
Clima Khan Yunis, que se atopa a só catro quilómetros ao leste do mar Mediterráneo, ten un clima semiárido cunha temperatura máxima de 30 °C no verán e unha mínima de 10 °C no inverno, cunha precipitación anual de aproximadamente 260 mm.
Notas
Categoría:Cidades de Palestina