The Human Fear é o sexto álbum de estudio da banda escocesa de indie rock Franz Ferdinand, publicado o 10 de xaneiro de 2025 a través do selo Domino Recording Company. É o primeiro álbum de estudio do grupo co batería Audrey Tait, que substituíu ao membro orixinal Paul Thomson en 2021. O disco gravouse nos estudios AYR en Escocia e foi producido por Mark Ralph, que xa traballara coa banda no seu álbum de 2013 Right Thoughts, Right Words, Right Action.
O título do traballo (que podería traducirse como o medo humano) refírese ao concepto lírico principal do álbum de medo e "buscar a emoción de ser humano a través dos medos", tal e como describe o líder da banda Alex Kapranos. Kapranos afirma ademais que o álbum aborda certos tipos específicos de medo, como "o medo ao illamento social, o medo a abandonar unha institución, [e] o medo a saír ou permanecer nunha relación".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Franz Ferdinand Categoría:Álbums musicais de 2025 Categoría:Álbums de Domino Records