Everyone Who Pretended to Like Me Is Gone é o primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock The Walkmen, publicado o 26 de marzo de 2002 a través do selo Startime International.
The Walkmen celebrou o lanzamento do disco cunha actuación no Knitting Factory o 6 de abril de 2002. O álbum recibiu críticas en xeral positivas, especialmente por parte da crítica independente. A canción "We've Been Had" apareceu en anuncios do coche Saturn Ion. A portada é un detalle dunha fotografía de Lewis W. Hine, chamada "Newsies at Skeeter's Branch, St. Louis, Missouri, 11:00 am, May 9, 1910".
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de The Walkmen Categoría:Álbums musicais de 2002