Francisco José Sánchez Rodríguez, máis coñecido como Curro ou Curro Sánchez, nado en La Palma del Condado (Huelva) o 3 de xaneiro de 1996, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Burgos, da Segunda División.
Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Sevilla FC, no que ingresou en 2007, con 11 anos. Na tempada 2012/13 debutou co Sevilla Atlético na Segunda División B.
O 2 de decembro de 2015 debutou co primeiro equipo na Copa do Rei, saíndo de titular nunha vitoria por 0-3 ante a UD Logroñés. Catro meses e medio despois xogou o seu primeiro partido na Primeira División, substituíndo a José Antonio Reyes na segunda metade dun empate 1-1 na casa ante o Deportivo da Coruña.
O 16 de xullo de 2019 fichou polo Numancia, de Segunda. Marcou 13 ao longo da campaña, pero non puido evitar o descenso do equipo a Segunda B. En setembro de 2020 asinou un contrato por un ano coa Ponferradina. O 10 de xullo seguinte, aceptou un contrato de tres anos co Almería, co que logrou o ascenso a Primeira.
O 1 de setembro de 2022 rescindiu o seu contrato e dous días despois asinou co Burgos.
Notas
Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados na provincia de Huelva Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do Burgos CF