Culpa túa (en ) é un filme español de 2024 dirixido por Domingo González baseándose na serie Culpables de Mercedes Ron. Está protagonizado por Nicole Wallace e Gabriel Guevara. É a continuación de Culpa mía (2023). Estreouse en Amazon Prime Video o 27 de decembro de 2024, con versión dobrada en galego.

Sinopse A relación de Nick e Noah semella inquebrantable malia os intentos dos seus pais de separalos. Nick está disposto a fortalecer a súa relación con Noah e demostrar que xa non é o Nick que era: o que estaba na loita, as carreiras e as mozas. Nick comeza a traballar no bufete de avogados do seu pai xunto a unha atractiva colega, Sofía; e Noah vai á universidade, onde comparte piso con Briar, unha nena enigmática e divertida que agocha un escuro segredo detrás do seu sorriso.

Personaxes

Nicole Wallace como Noah Gabriel Guevara como Nick Marta Hazas como Rafaella Iván Sánchez como William Víctor Varona como Lion Eva Ruiz como Jenna Goya Toledo como Anabel Gabriela Andrada como Sofía Álex Béjar como Briar Javier Morgade como Michael Felipe Londoño como Luca Jaime Ordóñez como Esteban

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes rodados en Madrid Categoría:Filmes de 2024 con versión en galego