The Dirty Nil é unha banda canadense de rock formada en Hamilton, Ontario no ano 2006, que gañou o Juno Award a Banda Revelación do Ano na edición de 2017. O grupo está composto polo vocalista e guitarrista Luke Bentham, o batería Kyle Fisher, e o baixista Sam Tomlinson.

Historia Os membros da banda comezaron a tocar xuntos no instituto e formaron The Dirty Nil en 2006. Publicaron o seu sinxelo de estrea, "Fuckin' Up Young", en 2011, e comezaron a xirar por América do Norte tocando en clubs e festivais. Posteriormente lanzaron unha serie de sinxelos e EPs, editando o seu primeiro álbum, Higher Power, no ano 2016 a través de Dine Alone Records. Tras o éxito do disco en 2017 publicaron Minimum R&B, un recomplilatorio dos primeiros sinxelos e de temas de EPs.

The Dirty Nil lanzou o seu segundo álbum de estudio, Master Volume, o 14 de setembro de 2018 no vamente a través de Dine Alone, precedido polo sinxelo "Bathed in Light". En agosto de 2020 a banda anunciou un novo traballo titulado Fuck Art, que sería lanzado o i de xaneiro de 2021.

En 2023 o grupo lanzou o seu cuarto álbum de estudio, Free Rein to Passions, which Kerrang! que segundo a crítica Aliya Chaudhry de Kerrang! "logra un equilibrio entre bromear e ser vulnerable".

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Higher Power 2016 Dine Alone Records Master Volume 2018 Dine Alone Records Fuck Art 2021 Dine Alone Records Free Rein to Passions 2023 Dine Alone Records

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de Ontario Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais formados en 2006