Pikë uji é un filme albanés de 2024 dirixido por Robert Budina. Foi escollido como candidato de Albania para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Aida construíu a súa carreira e o benestar familiar nun sistema corrupto que inclúe o seu marido Ilir e o alcalde da cidade Elvis, cos que están a traballar nun proxecto que cambiará a vida. Neste momento crucial, o fillo adolescente de Aida, Mark, é detido pola violación da súa compañeira Bora. Conmocionada e en negación, ela sospeita que Denis, o fillo de Elvis, está implicado no crime. Mark revélalle a Aida que Denis é en realidade o verdadeiro violador.

Personaxes Gresa Pallaska como Aida Arben Bajraktaraj como Ilir Adem Karaga como Elvis Iancu Paulo como Mark Gerhard Koloneci como Ben Klodjana Keco como Monda

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Albania propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua albanesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes de Albania Categoría:Filmes rodados en Albania